“Almorzos Cooperativos” arranca con 75 estudantes do CEIP Pío XII

Agaca
Por Agaca Xaneiro 21, 2020 15:00
  • La Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) estrena la actividad interactiva “Almorzos Cooperativos” para promover la nutrición saludable y el conocimiento del cooperativismo entre escolares de primaria.
  • “Almorzos Cooperativos” se desarrolla en el marco de Rede Eusumo y continuará a lo largo de este curso en varios colegios de Galicia.

20200121_Eusumo-Xogos-cooperativos-Pio-XII-web“Almorzos Cooperativos” comezou esta mañá con 75 escolares de terceiro e cuarto de primaria do compostelán CEIP Pío XII.

A actividade incluíu unha charla sobre nutrición, onde se propuxeron diferentes receitas para almorzar de xeito equilibrado e saudable, incorporando alimentos como  o peixe, as froitas de tempada e hortalizas, así como pan ou leite e derivados. A modo de exemplo, ofreceuse un almorzó con leite, torradas de pan con aceite e mandarina.

O alumnado tamén participou en varios xogos colaborativos para coñecer en que consiste o cooperativismo e recibeu material didáctico que explica a importancia deste modelo de negocio na produción de alimentos en Galicia.

Microrrelatos

Por outra parte, AGACA e Rede Eusumo poñen en marcha un concurso de microrrelatos dirixido a escolares de segundo ciclo de primaria, co objectivo de fomentar a escritura e impulsar o interese polo cooperativismo e pola produción de alimentos, a agricultura e o medio rural. Os centros educativos públicos de Galicia interesados en participar poden consultar as bases ou chamar ao 981 584 783.

Rede Eusumo

Esta actividade se enmárcase  no programa de actuación 2020 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 21, 2020 15:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*