“Almorz@ con Beizos Brancos” arrinca en Compostela con 52 escolares

Agaca
Por Agaca Novembro 7, 2017 15:09

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Estudantes do compostelán CEIP Raíña Fabiola participaron esta mañá na primeira das 20 xornadas previstas no programa “Almorz@ con Beizos Brancos” para este curso.
  • Aprenderon sobre o proceso de produción do leite e sobre alimentación sa mediante unha charla e un almorzo equilibrado e con produtos naturais.

20171107_Bei_pos_STGO

Medio centenar de estudantes de terceiro e cuarto curso de primaria do colexio Raíña Fabiola (Santiago de Compostela) inauguraron a nova campaña “Almorz@ con Beizos Brancos”, un programa organizado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias e Obra Social “la Caixa” para promover fórmulas nutricionais sas entre os escolares.

Escola e familia

Os escolares probaron un almorzo composto por pan galego con aceite, froita e leite, para reforzar o aprendido nunha charla impartida pola nutricionista María Fernández.

Fernández destacou a necesidade de comezar o día cun almorzo completo que achegue suficiente enerxía para medrar sans e render no colexio, evitando produtos industriais polo seu alto contido en azucres e graxas saturadas pouco saudables.

Xunto á vertente nutricional, nenos e nenas aprenderon os procesos que pasa o leite que consumimos mediante un xogo colaborativo e a importancia que o sector lácteo e as cooperativas teñen para a sociedade galega, da man de José Severino Montes, presidente de AGACA.

AGACA e Obra Social “la Caixa” pretenden que a iniciativa se estenda a toda a familia polo que, ademais, se repartiu material divulgativo sobre o ciclo de vida lácteo e sobre valores nutricionais e propostas de alimentos sans e fáciles de preparar para un almorzo saudable no fogar.

 

07/11/2017

Agaca
Por Agaca Novembro 7, 2017 15:09
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*