ALAS, Alianza para unha Agricultura Sustentable, presenta novos obxectivos

Agaca
Por Agaca Setembro 2, 2019 15:00

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • ALAS, a Alianza para unha Agricultura Sustentable, é unha agrupación de entidades do sector produtor español xurdida en 2017 para manifestar apoio a todos os modelos de agricultura produtiva sustentablemente intensificada.
  • Está integrada polas Organizacións Profesionais Agrarias de ámbito nacional e xeral ASAJA e UPA, Cooperativas Agro-alimentarias de España, a Federación Española de Produtores Exportadores de Froitas, Hortalizas, Flores  Plantas Vivas (FEPEX) e a Asociación Española Agricultura de Conservación Solos Vivos (AEAC.SV).

ALAS representa a miles de agricultores, gandeiros, cooperativistas, empresarios e exportadores do sector agrario español que promoven unha produción agraria sustentable, económica, social e medioambientalmente. Dende ALAS, afirman que “ante as fake news (noticias falsas) ás que se ten que enfrontar o sector e para contrarrestar a actual ‘criminalización’ da actividade agraria”, buscan “promover unha produción agraria sustentable social, económica e medioambientalmente e unha mellora da competitividade e eficiencia baseada no uso de tecnoloxías e técnicas de produción avaladas cientificamente, así como a posta en valor da produción agrícola e gandeira como base do sector agroalimentario”.

2019_Publicidad_ALAS_alianza_agricultura_sostenible_wbOs agricultores e gandeiros xestionan e coidan para o resto da sociedade case a metade (46%) do territorio de España, xerando un Valor Engadido Bruto (VAB) do 2,9% do PIB, e cun 4,4% da poboación activa. Xunto coa distribución agroalimentaria e a industria agroalimentaria, a industria de insumos e servizos para a produción agraria e o transporte representan case o 10% do VAB do país, dando emprego directo a uns 2 millóns de persoas, datos que reflicten o peso do sector agrario no noso país e a importancia de entender e sustentar a actividade dos agricultores.

Os agricultores defenden un modelo de produción sustentable, no que a innovación e optimización de recursos permiten incrementar a media nacional de produción dunha hectárea de millo 3,5 veces respecto á década de 1960. Este aumento non podería terse conseguido sen a innovación soportada no desenvolvemento de tecnoloxías e técnicas aplicadas ao campo, que ALAS considera son “desenvolvementos tecnolóxicos que continúan, e deben facelo para asegurar a produción de alimentos”.

O avance na eficiencia da produción agrícola reduciu as emisións de gases de efecto invernadoiro en España nun 24% dende 1990 e que xunto a iso, a agricultura foi capaz de aumentar a produtividade nun 9% dende o 2005.

Resulta esencial confiar nos criterios científicos e non basear as decisións en intencións ideolóxicas que poidan repercutir no sector agrario e no conxunto da sociedade española. Na actividade agraria, moitas das tecnoloxías están totalmente reguladas, como o están os medicamentos, e os seus procesos de avaliación e aprobación, baseados no coñecemento científico, e por tanto son igual de esixentes. Respecto á seguridade alimentaria da produción agraria, o documento subliña que a Unión Europea conta cun dos estándares de seguridade alimentaria máis altos do mundo, en gran parte grazas ao sólido conxunto de lexislación vixente na UE, que garante que os alimentos sexan seguros para os consumidores.

A agricultura moderna está impulsada por melloras continuas en ferramientas dixitais e na xestión dos datos, así como na colaboración entre a Industria, os agricultores e os investigadores dos sectores público e privado, a través de innovacións que permiten que os agricultores poidan ofrecer produtos máis variados, demandados polos consumidores, dunha maneira continuada, apoiada nunha tecnificada loxística de transporte e almacenamento.

Descargar cartel ALAS (formato JPG)

02/09/2019

Agaca
Por Agaca Setembro 2, 2019 15:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*