ACTIVIDADES

Abril 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

AGROSMARTglobal

 

logoAGROSMARTglobal O proxecto AGROSMARTglobal é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa Interreg Sudoe 2014-2020 dentro do Eixo prioritario 2: Fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do Sudoeste europeo.

O seu obxectivo principal é consolidar o espazo para a interconexión, interacción e competitividade das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE a través do desenvolvemento de procesos, ferramentas e servizos avanzados de apoio que faciliten o posicionamento, a promoción e a expansión internacional intelixente mediante estratexias de márketing dixital que aposten pola cooperación interempresarial.

O proxecto AGROSMARTglobal «Espazo para a competitividade, promoción e expansión internacional intelixente das cooperativas agroalimentarias do espazo rural SUDOE» abrangue 10 rexións do espazo SUDOE (Galicia, Castilla-La Mancha, País Vasco e La Rioja – ES, Nova Aquitania – FR e Norte, Algarve, Centro, Lisboa e Alentejo – PT) e pretende paliar as desvantaxes das zonas rurais e favorecer o seu desenvolvemento e cohesión económica, a través da xeración de capacidades e a busca de solucións transnacionais máis eficientes e efectivas para apoiar as cooperativas agroalimentarias nas súas necesidades específicas de cara a mellorar a competitividade mediante a creación e consolidación de redes e servizos de apoio á internacionalización.

O proxecto presentouse en Santiago de Compostela o 29 de outubro de 2019. José Montes, presidente de AGACA, explica por que é beneficioso para as cooperativas.

 

AGROSMARTglobal-foto-recurso-genericaOBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  1. Apoiar a internacionalización dixital das cooperativas agroalimentarias do SUDOE, aproveitando as vantaxes que ofrecen as novas tecnoloxías e a evolución do comercio electrónico a nivel internacional.
  2. Favorecer o posicionamento dos produtos agroalimentarios das cooperativas do espazo SUDOE no mercado internacional, apostando polo seu carácter endóxeno e a calidade, e protexendo os produtos con Denominación de Orixe (DO), Indicación Xeográfica (IG) e ecolóxicos en Internet.
  3. Fortalecer a asociación do tecido cooperativo agroalimentario do SUDOE e a creación de alianzas con profesionais no mercado destino co obxecto de facilitar a promoción e expansión internacional, a través da cooperación interempresarial e o networking.

ORZAMENTO

O proxecto AGROSMARTglobal ten un orzamento total de 1.598.000,00 €, e está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

DURACIÓN DO PROXECTO

36 meses, dende o 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2022.

 

ACTIVIDADES E RESULTADOS PREVISTOS

1. Análise da capacidade de adaptación  e diferenciación das cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE no mercado internacional actual.

Resultados: Identificación de elementos intrínsecos dos produtos agroalimentarios cooperativos do SUDOE e accións para protexer e apoiar as IG e os produtos ecolóxicos das cooperativas na Internet.

Definición de estrategxias para a internacionalización dixital deses produtos en dous mercados obxectivo (China e EE. UU.).

Creación dunha rede de traballo transnacional que proporcione información, coñecementos e ideas adaptadas, en beneficio das cooperativas agroalimentarias do SUDOE.

Establecemento de bases para unha marca colectiva de cooperativa agrícola do SUDOE.

Definición de medidas para protexer e promover as IX e as especificacións ecolóxicas nos mercados dixitais.

Aplicación da intelixencia de mercados para definir a mellor estratexia de introducción dos produtos das cooperativas agroalimentarias nos mercados.


2. Creación de servizos de apoio á internacionalización dixital e desenvolvemento de modelos de negocio para a comercialización intelixente.

Resultados: Deseño e implementación de servizos de apoio á internacionalización dixital (consultoría técnica e proxectos piloto) dirixidos ás cooperativas agroalimentarias do SUDOE.

Consolidación e optimización do portal web de AGROSMARTcoop, con novos contidos no AgroLab e a Comunidade Virtual de Intercooperación.

Consolidación e dotación de novos contidos ás ferramentas TIC deseñadas para favorecer o aprendizaxe sobre márketing dixital e internacionalización.

Implementación de servizos de consultoría técnica sobre internacionalización dixital e sobre o acceso aos mercados dixitais internacionais.

Implementación de servizos integrais de internacionalización dixital enfocados a China e EE. UU. a través do marketplace B2B, con identificación de novas oportunidades para as cooperativas agroalimentarias do SUDOE.



3. Accións para impulsar o coñecemento en márketing dixital e promover a intercooperación para a internacionalización intelixente.

Resultados: Deseño e execución dun programa de formación conxunta.

Realización de accións de sensibilización e networking sobre as áreas temáticas do proxecto, e accións conxuntas para a promoción internacional dos produtos agroalimentarios cooperativos e a creación de alianzas estratéxicas.

Deseño dun programa de formación conjunta con formatos innovadores para o sector cooperativo agroalimentario en mercados dixitais internacionais, técnicas de negociación comercial e comunicación dixital.

Creación dun marco favorable para a cooperación interempresarial para fomentar as alianzas estratéxicas globais e proxectos de comercialización intelixente e internacionalización.

Promoción da calidade dos produtos e servizos das cooperativas e o carácter endóxeno dos seus recursos como fonte de diferenciación.

Garantización da continuidade e reproducibilidade das actividades, produtos e resultados do proxecto.

 

PRODUTOS DO PROXECTO

Beneficiarán principalmente ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE e consistirán en:

  • Plan Estratéxico Conxunto para a internacionalización dixital das pequenas e medianas cooperativas agrarias do territorio SUDOE
  • Consultoría técnica para a internacionalización dixital
  • Proxectos piloto de internacionalización dixital
  • Programa conxunto de formación e capacitación en internacionalización dixital
  • Campaña conxunta para a promoción e posicionamento internacional dos produtos das cooperativas agroalimentarias

 

CARÁCTER INNOVADOR

O principal aspecto innovador está en facer uso de Internet para exportar, a comercialización intelixente. O proxecto introduce a internacionalización dixital das cooperativas do espazo SUDOE; é o primeiro proxecto que tratará de apoiar o perfeccionamento das condicións de internacionalización e posicionamento dos seus produtos a través do uso das novas tecnoloxías, así como abordar a internacionalización dende a cooperación, como recurso clave para implementar mecanismos e servizos avanzados de apoio, e estratexias de comercialización internacional intelixente orientadas cara a mercados como China e os EE. UU.

 

O PARTENARIADO DE AGROSMARTglobal

AGACACooperativas Agro-alimentarias de Castilla - La ManchaFederación de Cooperativas de EuskadiamvosCámara de Comercio de La RiojaCámara de Comercio e Industria de Limoges Haute-VienneLa Coopération Agricole Nouvelle AquitaineAsociación das Rexións Europeas e dos Produtos de OrixeUtadConfederación Nacional de Cooperativas Agrícolas e de Crédito Agrícola de Portugal