AGROSEGURO publica o Informe sobre a sinistralidade do exercicio 2017

Agaca
Por Agaca Xaneiro 19, 2018 13:59

ACTIVIDADES

Novembro 2018

REVISTA AGACA

  • !·9 Cooperación Galega

    Cooperación Galega Nº 139 Agosto 2018

    Editorial- A reforma da Política Agraria Común
    A Fondo- CEPES. Mellorar o agro formando á xuventude
    Caderno Técnico- Recomendacións para cumprir coa Condicionalidade en medioambiente, cambio climático e boas condicións agrícolas da terra

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O 2017 foi un ano con gran variedade de eventos climáticos adversos moi severos.
  • A superficie agrícola sinistrada ao final do exercicio sitúase en 2.227.000 ha. Cereais e uva de viño, os cultivos máis afectados, con indemnizacións que alcanzan os 209 e os 75 millóns de euros, respectivamente.
  • O máis destacable foi a seca, pero tamén se produciron xeadas intensas e reiteráronse os pedriscos.
    Agroseguro axilizou as taxacións e o pago das indemnizacións.
  • O total das indemnizacións alcanza os 712 millóns de euros. A sinistralidade, incluíndo gastos de peritación, 745 millóns.

A Agrupación Española de Entidades Aseguradoras dos Seguros Agrarios Combinados publicou un informe que conclúe que o exercicio 2017 pode considerarse de moi elevada sinistralidade. A superficie agrícola sinistrada sitúase en 2.227.000 ha, cantidade moi superior á media.

 

Eventos máis siginificativos

Vagas de frío e tormentas nos dous primeiros meses do ano causaron graves danos, especialmente en Comunidade Valenciana e Región de Murcia e os sectores cítrico, hortaliza, invernadoiro e uva de mesa. Os pagos totais alcanzaron 40 millóns de euros.

Os sinistros en acuicultura mariña supoñen un récord en indemnizacións para este tipo de instalacións e alcanzaron unha valoración superior a 16 millóns de euros no conxunto do Plan (10,7 millóns corresponden ao exercicio 2017).

As xeadas e baixas temperaturas provocaron danos moi intensos en uva de vinificación, especiamente as ocorridas a finais de abril coa viña recentemente brotada. As comunidades autónomas máis afectadas son Galicia, Castela e León, Navarra, A Rioxa e País Vasco (Áraba). Os danos prodúcense nalgunhas das Denominacións de Orixe máis importantes do país, como Ribeira do Douro, Rioxa, Ribeira Sacra, etc. En Galicia foron afectadas 524 hectáreas.

En canto ao pedrisco, a superficie sinistrada en Galicia en 2017 sumou 378 hectáreas.

Pode consultar o informe completo (PDF)  en “Documentación 1”

19/01/2018

Agaca
Por Agaca Xaneiro 19, 2018 13:59
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*