Agricultores e gandeiros portugueses participaron nun intercambio formativo en Galicia

Agaca
Por Agaca Novembro 21, 2019 19:37

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Onte terminou a rama galega do “Programa de Estancias Transfronteirizas” no que, dende o día 18, participaron 16 profesionais da agricultura e a gandería vindos de Portugal.
  • O programa permite a profesionais do sector primario da rexión Norte de Portugal visitar explotacións e centros tecnolóxicos en Galicia.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA- organiza esta actividade no marco do proxecto Interreg  PocTep 

20191119 _LACES_estancia-transfronteiriza-xanceda

O proxecto europeo  LACES, no que participa AGACA, convocou este ano o programa de “Estancias Transfronteirizas” co obxectivo de facilitar o intercambio de coñecementos e experiencias entre profesionais de Galicia e Norte de Portugal, e a identificación de puntos de mellora e posibles estratexias para conseguila.

Nesta convocatoria participaron 16 profesionais portugueses da agricultura e a gandería que chegaron a Galicia o día 18, comezando a súa estancia cunha xornada formativa achega do peso socioeconómico do sector primario e cooperativo en España e Galicia.

O día 19 o grupo dividiuse, Unha decena de participantes nas Estancias visitou Casa Grande de Xanceda, para coñecer o funcionamento dunha das maiores granxas de leite ecolóxico de Galicia. A continuación, visitaron unha das explotacións de vacún lácteo asociadas á cooperativa Aira e, para finalizar, desprazáronse ata a fábrica de pensos da cooperativa, situada en Taboada (Lugo). Aira integra máis de 2500 persoas socias e dá emprego a máis de 300, entre fixas e eventuais. Ademais de fábrica de pensos dedícase a produción láctea e ofrece servizos aos seus asociados.

O resto dos participantes nas Estancias desprazouse ata a adega cooperativa Martín Códax (Cambados), e despois ata Ribadavia onde visitaron a cooperativa Viña Costeira,

Finalmente, onte, todos os participantes visitaron o Centro Tecnolóxico da Carne, en San Cibrao das Viñas, e, en Riós, unha explotación ecolóxica de carne de razas autóctonas de Galicia, socia da cooperativa Verín Biocoop.

De xeito global, os participantes valoraron especialmente a ampla oferta de servizos aos socios das cooperativas, algo que lles gustaría mellorar en Portugal, segundo expresaron.

A próxima semana serán profesionais do sector primario de Galicia quen viaxen a Portugal..

LACES

O Proxecto LACES (0129_LACES_1_E), Laboratorios de apoio á creación de emprego e empresas de economía social, está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do Programa Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

O Proxecto LACES ten como fin último contribuír ao fomento e consolidación da economía social na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal para conseguir un salto cualitativo na súa capacidade para xerar e consolidar emprego, a través da execución de programas piloto para a competitividade e impulso de empresas de economía social no espazo transfronteirizologos-laces

21/11/2019

Agaca
Por Agaca Novembro 21, 2019 19:37
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*