AGACA e Obra Social “la Caixa” entregaron os premios do Concurso de Pequenos Relatos AGACA no CEIP Santa María do Castro, de Boiro

Agaca
Por Agaca Xuño 18, 2018 16:08

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Sara Sánchez, alumna de 4º de Primaria do CEIP Santa María do Castro (Boiro), gañou o primeiro Premio do Concurso Pequenos Relatos na categoría de cuarto de primaria.
  • En nome do colexio, a súa directora, recolleu un cheque de 500 euros.
  • O Premio foi convocado no marco do programa “Almorz@ con Beizos Brancos”, impulsado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ( AGACA) e Obra Social “la Caixa” para fomentar a nutrición sa.

DSCF9755

Esta mañá celebrouse a entrega do Primeiro Premio do Concurso Pequenos Relatos AGACA no colexio de Boiro,  Santa María do Castro.

A alumna Sara Sánchez escribiu un relato curto titulado “A nena que se converteu en nube”, que resultou vencedor na categoría de 4º de Primaria. Recibiu como premio unha tableta electrónica e un lote de 5 libros. O colexio, pola súa banda, recibiu un cheque por valor de 500 euros.

A propia Sara describiu a súa paixón por escribir como algo que non pode expresar con palabras, “que lle sae da alma”.

O I Concurso de Pequenos Relatos AGACA foi convocado este curso académico no marco do programa sobre nutrición sa “Almorz@ con Beizos Brancos”. O certame busca fomentar a imaxinación dos nenos e nenas e atraer a súa mirada cara ao mundo rural, a agricultura e a gandería..

O director- xerente de  AGACA, Higinio  Mougán, xunto con  Francisco Sarasquete, como representante de CaixaBank, participaron na entrega. Valoraron positivamente a participación da estudante no certame e destacaron a importancia de que os escolares sexan conscientes da importancia do mundo rural para Galicia.

A colaboración entre Obra Social “la Caixa” e AGACA remóntase a 2015 e inclúe outras iniciativas destinadas a resolver necesidades específicas doutros colectivos como son o  empoderamento da muller  cooperativista, a mellora da atención a persoas maiores no fogar ou a incorporación de persoas mozas á actividade profesional no mundo rural.

18/06/2018

Agaca
Por Agaca Xuño 18, 2018 16:08
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*