Agaca promove en Palas de Rei a economía social entre estudantes

Agaca
Por Agaca Abril 24, 2019 14:51
  • A cooperativa Milhulloa (Palas de Rei) recibiu esta mañá a estudantes do IES Sanxillao (Lugo) nunha xornada didáctica.
  • A actividade forma parte da Rede Eusumo para impulsar o cooperativismo e a economía social.

20190424_IES_Sanxillao-visita-milhulloa-Rede-Eusumo-wbO alumnado de bacharelato do instituto Sanxillao participou no obradoiro “Divulgación do emprendemento de experiencias cooperativas como modelo de éxito” que tivo lugar esta mañá na cooperativa Milhulloa.

O obxectivo é dar a coñecer o cooperativismo entre o estudantado, para que o teñan en consideración ao finalizar os seus estudos. Para iso, persoal de Milhulloa guiounos polas instalacións da cooperativa e explicoulles o proceso de cultivo, de preparación, de secado e de envasado das súas especias e herbas medicinais e a elaboración de cosméticos, así como as distintas fases que pasou a cooperativa no seu camiño cara a constituírse como un negocio rendible.

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade, que se celebra no marco da Rede Eusumo. O pasado curso participaron nestes obradoiros máis de 900 estudantes.

Rede Eusumo

Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

EUSUMO-Logos-pe-pax-2019

24/04/2019

Agaca
Por Agaca Abril 24, 2019 14:51
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*