AGACA promove a Xornada Liñas de Axudas e Apoios Públicos no sector agroalimentario

Agaca
Por Agaca Xaneiro 9, 2018 14:58

ACTIVIDADES

Abril 2018

REVISTA AGACA

  • portada

    Cooperación Galega Nº 137 Marzo 2018

    Editorial- O Plan forestal de Galicia a debate
    A Fondo- Cooperativas galegas apostan polas gasolineiras automáticas
    Caderno Técnico- Escolma do borrador da primeira revisión do Plan Forestal de Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • No marco da colaboración entre AGACA e CaixaBank terá lugar o 25 de xaneiro en Santiago de Compostela esta xornada onde se exporán diferentes programas de axudas públicas.
  • Expertos e responsables en programas e organismos de axudas públicas, investimentos e programas de incentivos explicarán as diferentes opcións que existen.

A xornada terá lugar no Hotel Eurostars San Lázaro da capital galega, entre as 09:15 e as 14:30 horas do xoves, 25 de xaneiro.

Haberá 7 relatorios sobre diferentes áreas de axudas:

> Investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios para o período 2014-2020.
> Liñas de apoio financeiro do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) a emrpedendores, circulante e investimentos.
> Programas de Axudas AGADER (Axencia Galega de Desenvolvemento Rural) relacionados con modernización empresarial e Grupos de Desenvolvemento Rural.
> Investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020.
> Programas de Incentivos á contratación de persoas desempregadas en diferentes modalidades.
> Programas de axudas da Subdirección Xeral de Economía Social para o emprego.
> Axudas do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020: Medida de COOPERACIÓN, en canto a grupos operativos de innovación e proxectos piloto relacionados coa innovación agroforestal.

Pode consultar o  programa completo (PDF) premendo “Documentación 1”.

10/01/2017

Agaca
Por Agaca Xaneiro 9, 2018 14:58
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*