AGACA promove a castaña como sector xerador de emprego no interior de Ourense e Lugo

Agaca
Por Agaca Abril 9, 2018 10:31

ACTIVIDADES

Agosto 2019

REVISTA AGACA

  • 143 portada

    Cooperación Galega Nº 143 Maio 2019

    Editorial: Asociación “Nós, as mulleres”
    A Fondo: A visibilidade da muller na cooperativa
    Caderno: Efecto do tipo de concentrado na dieta de cebo

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

AGACA promove a castaña como sector xerador de emprego no interior de Ourense e Lugo

  • O proxecto, que leva por título:  “Pulo ao sector da castaña: dende o souto ata a elaboración de produtos novidosos con castaña” estará coordinado por AGACA  que ten como entidade socia colaboradora ao Centro Tecnolóxico da Carne.

Antes de outubro de 2019, data límite de finalización de proxecto, ambas as dúas entidades terán desenvolvido una interesante iniciativa en favor de darlle un pulo ao sector da castaña incrementando a súa rendibilidade mediante a innovación ao longo da cadea de produción: dende os soutos, pasando pola transformación da castaña co desenvolvemento de produtos novidosos con castaña na súa formulación, até o consumidor mediante a detección de mercados potenciais para o seu consumo e a promoción dos novos produtos.

A iniciativa promove a actividade da castiñocultura coma sector xerador de emprego claramente vencellado ao medio rural, especialmente no interior das provincias de Ourense e Lugo.

Ademáis de coordinar, a Asociación encárgase da aplicación dun caderno de campo dixital en tres cooperativas de castaña. O CTC, pola súa banda, realizará o estudo da calidade das colleitas e o desenvolvemento dos novos produtos con base castaña, así coma as análises nutricionais e sensoriais.

Este proxecto conta co apoio da Xunta de Galicia e do FEADER (Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural) mediante o programa de axudas para proxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal.

 

logo tres entidades web
 

09/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 9, 2018 10:31
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*