Agaca presentará o 11 de outubro resultados de 7 proxectos de innovación no sector primario

Agaca
Por Agaca Outubro 8, 2019 12:43

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O 11 de outubro, en Santiago, presentaranse os resultados de 7 proxectos nos que participou AGACA que supoñen innovacións en canto a cultivo de castaña, produción de leite, cría de cabra, de porco celta e de vacún cárnico, aproveitamento do metano e xestión enerxética sustentable.

20191011_FEADER-presentacion-resultadosA Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA organiza este venres, de 10:00 a 14:30 no Hotel Puerta del Camino, unha xornada na que se presentarán os resultados de sete proxectos nos que participa xunto con diferentes entidades investigadoras e produtoras de Galicia.

Os proxectos contan con financiamento do FEADER, a Consellería do Medio Rural e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

Cinco dos proxectos foron iniciados en 2017:

  • No marco de ”Pulo ao Sector da Castaña: dende o souto ata a elaboración de produtos novidosos con castaña” analizouse o ciclo de vida, a pegada de carbono e a pegada hídrica asociados ao sector e creáronse novos produtos para os cales se buscaron nichos de mercado e se estudou a súa aceptación polo consumidor. — Desenvolven o proxecto: AGACA e Centro Tecnolóxico da Carne.
  • Novos sistemas de manexo e implantación dun sistema de clasificación de canais de Porco Celta” ten por obxectivo a posta en funcionamento dun novo sistema de manexo do porco celta e o desenvolvemento e implantación dun sistema de clasificación de canais de porco da raza celta en función da porcentaxe de magro. — Desenvolven o proxecto: AGACA, Tres Fuciños S. Coop. Galega e Centro Tecnolóxico da Carne.
  • “EUREL” traballa pola produción dun leite competitivo respectuoso co medio, mediante a utilización de ferramentas de apoio e técnicas para un uso eficiente dos recursos da explotación leiteira. — Desenvolven o proxecto: AGACA, Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL) e Cooperativa Agraria Comarcal de A Coruña.
  • “ESTERCOSOL” ten por obxectivo crear un sistema de xestión enerxética sustentable e recirculación de nutrientes para explotación. — Desenvolven o proxecto: AGACA e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL).
  • Aproveitamento do metano nas granxas de vacún” busca reducir o impacto ambiental das emisións de metano asociadas ao gando estabulado e xerar un novo recurso enerxético valorizado na granxa. — Desenvolven o proxecto:AGACA, Universidade de Vigo, Sanvicor S.A., Energylab e SAT San Miguel.

E outros dous en 2018:

  • Vacún cervexeiro” consiste na produción de gando vacún en sistema extensivo alimentado con pasto e produtos naturais e de proximidade; tamén estuda a xestión do gando mediante drons e tecnoloxías de xeoposicionamento. — Desenvolven o proxecto: AGACA, Arturo Baqueiro Gabián, Centro Tecnolóxico da Carne y Universidade de Vigo.
  • Cabras 4.0” consiste en poñer en marcha un dispositivo virtual que permita controlar o rabaño a distancia, dende a pantalla dun computador ou dispositivo portátil. — Desenvolven o proxecto: AGACA, Comunidade de Montes Veciñais e en Man Común de Meira, Energylab.

Programa completo en PDF.

2019/10/08

Agaca
Por Agaca Outubro 8, 2019 12:43
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*