AGACA participa nas reunións de AGROSMARTcoop na AgroSemana de Portugal

Agaca
Por Agaca Setembro 1, 2017 15:45

ACTIVIDADES

Novembro 2017

REVISTA AGACA

  • 134_portada

    Cooperación Galega Nº 134 Agosto 2017

    Editorial. Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC…
    A fondo. Aira lidera un lidera proxecto de integración
    Caderno Técnico. Prácticas e sistemas agroforestais: sustentabilidade futura

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

 

  • Entre o 31 de agosto e o 3 de setembro en Póvoa de Varzim (Norte de Portugal) celébrase a feira agrícola AgroSemana. O proxecto AGROSMARTcoop conta co seu propio stand para darse a coñecer ao público e representantes das entidades participantes reuníronse para avanzar nos obxectivos do proxecto.

Durante o 31 de agosto e o 1 de setembro representantes de cooperativas agroalimentarias das rexións participantes, España, Francia e Portugal, foron invitados a estes encontros, co objextivo de analizar boas prácticas e necesidades en materia de innovación tecnolóxica, comercialización e marketing. Estos grupos de discusión e debate centraranse nos seguintes sectores: aceite, viños, hortofruticultura, leite e derivados e carnes frescas e transformados.

Oonte tiveron lugar dúas reunións de traballo, a mesa técnica de Cooperativas de Olivicultura e a mesa técnica de Cooperativas Agrícolas Vinícolas:
La mesa técnica de Cooperativas Agrícolas Vinícolas.

Na xornada do 1 de setembro celebráronse tres encontros:  pola mañá sobre os sectores hortofrutícola e lácteo e pola tarde sobre o sector cárnico:

Focus Group de Cooperativas Hortofrutícolas

Mesa técnica de cooperativas de Leite e derivados, coa intervención de Jacinto Rui Santos, director xeral de Agros, a cooperativa que organiza AgroSemana.

Mesa técnica de cooperativas de Carnes frescas e transformadas.

Ademais, o stand de AGROSMARTcoop contou coa a visita de varias autoridades portuguesas que se interesaron polos detalles do proxecto. Entre os visitantes estiveron o presidente da República, Marcelo Rebelo de Sousa (no centro da imaxe), e o Ministro da Agricultura, Florestas e Desenvolvimento Rural, Luís Capoulas Santos (terceiro pola esquerda)

 
 
AGROSMARTcoop é un proxecto europeo financiado polo programa de cooperación transnacional SUDOE, que pretende mellorar a competitividade das cooperativas agroalimentarias de España, Francia e Portugal a través da innovación tecnolóxica sostible, a comercialización intelixente e a intercooperación.

Agaca
Por Agaca Setembro 1, 2017 15:45
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*