AGACA organiza un Encontro sobre seguridade informática o 24 de setembro

Agaca
Por Agaca Setembro 16, 2019 14:36

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Dous expertos en seguridade informática e lexislación sobre protección de datos participarán o 24 de setembro nun Economía Social Meeting na sede de AGACA.
  • A xornada gratuíta diríxese a entidades que operan baixo o modelo da economía social e a inscrición pode realizarse antes do 23 de setembro chamando ao 981 58 47 83 ou en agaca@agaca.coop.
  • AGACA organiza o encontro no marco Foro pola Economía Social Galega, do que forma parte, e da Rede Eusumo.

AGACA acollerá un dos Economía Social Meeting, do Foro pola Economía Social Galega, acerca de seguridade na Rede. Está dirixido a todas aquelas entidades que operen baixo o réxime da economía social, tales como cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción, confrarías, sociedades agraria de transformación, fundacións e asociacións, comunidades de montes veciñais etc.

Terá lugar o 24 de setembro, de 11:00 a 13:00h., na sede de AGACA (rúa Tomiño, nº22, Santiago de Compostela). A inscrición, gratuíta, pode realizarse antes do 23 de setembro chamando ao 981 58 47 83 ou en agaca@agaca.coop.

José Manuel Sendín, avogado del bufete Sistemius expecializado en novas tecnoloxías, explicará a normativa asociada con protección de datos, sociedade da información e comercio electrónico, dados os cambios sufridos no marco normativo recentemente.

Por outro lado, Rafael Villaverde, CEO de Infonet (empresa de soporte técnico e seguridade), abordará a charla In-Seguridad 2.0 e boas prácticas sobre seguridade informática, aproveitando o encontro para poñer en común as súas características básicas e compartir posibles solucions e alternativas aos retos que afectan a las entidades asistentes.

Rede Eusumo                                   

Esta actividade enmárcase na Programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

20190618_logos-REDE-EUSUMO

16/09/2019

Agaca
Por Agaca Setembro 16, 2019 14:36
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*