AGACA organiza un Monográfico sobre sustentabilidade do sector de vacún de carne mañá en Lugo

Agaca
Por Agaca Marzo 15, 2018 13:22

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Mañá terá lugar en Lugo o Monográficos sobre Sustentabilidade do sector de vacún de carne, celebrado no marco do Proxecto europeo AGROSMARTcoop

Trataranse temas como a PAC, coexistencia co lobo, campañas de promoción, comercialización e tendencias do sector e pegada de carbono.

Mañá, en Lugo, terá lugar a xornada monográfica “Sustentabilidade do sector de vacún de carne”, que se enmarca no programa de Formación do proxecto europeo  AGROSMARTcoop. Durante o monográfico, orientado a profesionais do sector cárnico, desenvolveranse sete relatorios.

Pola mañá, falarase sobre as axudas da PAC 2018, a coexistencia e prevención de danos causados polo lobo, as próximas actuacións da Interprofesional Provacuno para promocionar o sector e as previsións comerciais da IGP Vaca e  Boi de Galicia.

Pola tarde, haberá relatorios sobre “Origin Green”, un programa irlandés para reducir pegada de carbono e sobre tendencias en innovación e en canto á Reforma da PAC e ás negociacións entre a Unión Europea e Mercosur.

Proxecto AGROSMARTcoop

logoagrosmartsudoe-def-cor

AGROSMARTcoop é un proxecto europeo cofinanciado polo Programa Interreg Sudoe 2014- 2020 dentro do eixo prioritario de fomentar a competitividade e a internacionalización das pemes do Suroeste europeo, cuxo obxectivo principal é crear un espazo de promoción, interconexión e interacción intelixente, dotando de estruturas, ferramentas e servizos avanzados de apoio ás cooperativas agroalimentarias do espazo SUDOE para mellorar na innovación tecnolóxica, de xestión e de comercialización a través do fomento do coñecemento, as boas prácticas e a intercooperación.

O proxecto está cofinanciado, nun 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e a UE, con cargo ao Programa de Cooperación Interreg V-B Europa Suroccidental (Interreg Sudoe 2014 – 2020), e dispón dun presuposto total de 1.295.000,00 euros (axuda FEDER: 971.250,00 euros).

Durante dous anos, ata o 30 de xuño de 2018, oito entidades beneficiarias de seis rexións europeas dedicarán esforzos a precisar sinerxías e potencialidades. O consorcio internacional está conformado por Asociación Galega de Cooperativas  Agroalimentarias, AGACA, encargada de liderar o proxecto; Cooperativas Agro-alimentarias Castilla – La Mancha, CACLM; Federación de Cooperativas Agro-alimentarias de Euskadi, FCAE; Centro de Investigaciones Científicas y Tecnológicas de Extremadura, CICYTEX-Junta de Extremadura; Association des Régions Européennes des Produits d’Origine, AREPO (Francia);  Coop de France Nouvelle Aquitaine, CDF NA (Francia); União Cooperativa Polivalente da Região Norte, UniNorte (Portugal) e Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, UTAD (Portugal).

 

 

15/03/2018

Agaca
Por Agaca Marzo 15, 2018 13:22
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*