AGACA mostra en Mazaricos como xerar riqueza e emprego cos montes comunais

Agaca
Por Agaca Setembro 19, 2016 10:24

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O 29 de setembro celébrase a xornada Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal, centrada identificación e potenciación dos recursos dos montes en man común para os veciños, mediante a súa xestión cooperativizada
  • Terá lugar no Concello de Mazaricos, acollida pola Agrupación de Mazaricos (Mazaricos, Camariñas, Carnota, Dumbría, Vimianzo, Muxía e Zas).
  • AGACA organiza a actividade co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo.

arbolramawebEn Galicia, existen 2.835 Comunidades de Montes Veciñais en Man Común (CMVMC), que controlan preto de 650.000 hectáreas forestais, tradicionalmente destinadas á produción madeireira e á instalación de parques eólicos, dúas das principais actividades xestionadas polas CMVMC.

A Xornada, orientada a persoas especializadas na xestión destas superficies, pretende visualizar vías complementarias, aínda infravaloradas, de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.

Ademais de expoñer aspectos administrativos e lexislativos que afectan ás comunidades de montes, os relatorios amosarán exemplos concretos de aproveitamento beneficioso dos terreos forestais en man común; entre eles, explotación de resina e produción de castaña e oliva.
A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.

As persoas interesadas en asistir poden inscribirse de modo gratuíto chamando ao 981 58 47 83 ou completando este formulario

Pode consultar o programa completo en Documentación 1.

19/09/2016
Agaca
Por Agaca Setembro 19, 2016 10:24
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*