AGACA intervén nas reunións do proxecto GO-GRASS para atopar novo potencial nos pastos

Agaca
Por Agaca Xuño 8, 2020 15:21
  • AGACA participa esta semana nas reunións do proxecto europeo GO-GRASS, que busca potenciar o valor dos pastos.

20200608_Go-grass-DEMOS

Arredor do 28% da superficie total dos países da Unión Europea está cuberta por pastos. Nalgúns casos, estes recursos son subutilizados, deixándoos en descomposición despois do corte e causando custos e perda de beneficio. O proxecto GO-GRASS, no que participa AGACA, quere utilizar este potencial esquecido para fortalecer as comunidades rurais de Europa. Neste senso, o proxecto está a desenvolver modelos de negocio circulares e, polo tanto, contribuirá á recuperación de nutrientes, ao aumento da autosuficiencia dalgunhas materias primas e á redución do consumo de enerxía nas explotacións.

Do 9 ao 11 de xuño haberá reunións on-line cos entre os socios europeos nas que se mostrarán exemplos de novas utilizacións dos pastos que non van á alimentación do gando. Ofrecerase información de novos modelos de negocio circulares nestes catro pilotos (DEMO):

Investigacións piloto

Un dos socios holandeses do proxecto está a utilizar o céspede recollido nas cunetas das estradas para facer envases de papel de alta calidade. En Suecia, outro socio emprega pasto triturado para prensalo e facer briquetas, material innovador que é posible utilizar primeiro na cama dos animais e que despois como fertilizante ou na caldeira de biomasa para producir calor. O grupo alemán está a utilizar a herba das zonas húmidas para facer biochar, un fertilizante orgánico que mellora a capacidade de retención de auga no solo. Por último, un socio de Dinamarca está a xestionar un piloto de refinado de herba para extraer as proteínas e facer un concentrado de proteína orgánica para alimentar porcos e aves de curral enriquecendo a súa dieta.

GO-GRASS

go-grass_logo

GO-GRASS desenvolverá un novo sistema agroalimentario circular e integral cuxa principal aplicación será en pasteiros e que se probará a pequena escala. Proporcionará modelos de negocio para empresarios e autoridades locais, con tecnoloxías innovadoras e procesos e ferramentas aplicables en 4 rexións europeas. Para iso, consideráronse todas as circunstancias sociais, económicas e ambientales en áreas rurais.

wb_bandera_UE Este proxecto recibiu finaciamento do programa Horizon 2020 da  Union Europea, para a innnovación e a investigación, baixo o “grant agreement” Nº 862674.

 

+ información sobre Go-Grass: http://agaca.coop/go-grass/

08/06/2020

Agaca
Por Agaca Xuño 8, 2020 15:21
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*