AGACA intervén cunha xornada sobre “O Futuro do uso do Biogás en Galicia”

Agaca
Por Agaca Outubro 19, 2016 15:07

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
    Onte tivo lugar a “Xornada Técnica sobre o Potencial do Biomentano no Sector Agrario Industrial“, que reuníu a varios expertos en optimización de recursos enerxéticos, especialmente biogás.

20161018_xornada_biogas_energylab_mario_wbO obxectivo da actividade foi abrir un debate sobre a xeración de biogás da partir de xurros e desfeitos da industria agroalimentaria para o seu uso como enerxía térmica e/ou eléctrica.

Durante a mesa redonda que finalizou a xornada, AGACA foi unha das entidades que interveu, xunto con Coren, Edar Bens S.A., Logística Alimentaria S.L. e representantes da Xunta de Galicia e Gas Natural Fenosa. Moderou Mario Igrexas, Director Técnico de Mobilidade e Enerxías Alternativas de EnergyLab, entidade que acolleu a xornada.

A intervención de AGACA, a cargo do técnico Mario Fernández, defendeu o uso de subproduto da actividade gandeira como substrato na xeración de biogás, o cal dá como resultado un “digestato”, produto de alto valor fertilizante que minimiza os problemas ambientais, de cheiros e contaminación. Así mesmo, as plantas de produción de biogás poden funcionar como xeradoras de emprego no medio rural. Como dificultades a superar foi citado o problema loxístico do transporte do xurro ata a planta de biogás (transpórtase “auga”) e a propia dinámica da explotación gandeira que descoñece todo o relacionado coa produción de *biogás, co cal se recomendou un labor de información/divulgación/formación.

Tamén foi comentada a diferente problemática das explotacións de vacún, con base territorial para utilizar os xurros como fertilizante, e as de porcino/aviario que non teñen base territorial e poden ter problemas para desfacerse dos seus xurros. As cooperativas poderían abrir un campo de traballo que pode resultar nunha nova liña de negocio se as análises técnicas, económicos e financeiros indican que o retorno do investimento é razoable.

Agaca
Por Agaca Outubro 19, 2016 15:07
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*