AGACA inculca a importancia do almorzo entre escolares de primaria en Boiro

Agaca
Por Agaca Marzo 23, 2018 14:30 Actualizado

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Medio centenar de escolares do CEIP Santa María do Castro (Cabo de Cruz) aprenderon esta mañá como almorzar adecuadamente, grazas a, grazas a “Almorz@ con Beizos Brancos”.
  • Organizan a iniciativa a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) e Obra Social “la Caixa”.

20180323_Bei_sta_maria_castro-Boiro-wbEsta mañá AGACA impartiu aos 46 escolares de terceiro e cuarto de primaria do colexio Santa María do Castro unha charla sobre a necesidade de almorzar diariamente para comezar o día coa achega enerxética correcta.

A nutricionista María Fernández recomendou almorzar produtos de varias clases, como lácteos, froitas de tempada mellor enteiras ca en zume, e alimentos de tipo hidrato de carbono, evitando os procesados industrialmente que conteñen exceso azucre e graxas. Como exemplo, o alumnado almorzou leite enteiro, pan con aceite e  mandarinas. Para estender os consellos ao fogar, repartiuse material didáctico con valores nutricionais de varios alimentos habituais no almorzo.

Ademais, explicouse o proceso produtivo do leite mediante un xogo.

O programa “ Almorz@ con Beizos Brancos” desenvolveuse durante este curso escolar en 19 centros educativos. Participaron xa nel máis de 900 escolares.

AGACA e Obra Social “la Caixa” impulsan esta iniciativa como parte dun plan máis amplo, froito dunha colaboración iniciada en 2015, que inclúe accións orientadas ao  empoderamento da muller cooperativista, impulso da incorporación de mozas á actividade profesional no medio rural e mellora da atención a persoas maiores no fogar.

23/03/2018

Agaca
Por Agaca Marzo 23, 2018 14:30 Actualizado
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*