Agaca impulsa un Obradoiro de formación para futuros xerentes

Agaca
Por Agaca Xuño 27, 2019 12:44

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Os días, 15, 16, 17 e 18 de xullo impártese en Compostela o obradoiro “Formación de titoras xerenciais en empresas da economía social”.
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) organiza a actividade no marco da Rede Eusumo.
  • Inscrición gratuíta chamando al 981 58 47 83 ou neste formulario.

O obradoiro gratuíto Formación de titoras xerenciais en empresas da economía social”, que comeza o 15 de xullo en Santiago de Compostela, ten por obxectivos familiarizar a persoas con formación en xestión empresarial co modelo cooperativo e outras empresas de economía social.

As vinte horas formativas enfócase en sentar as bases dunha axeitada función xerencial nesas entidades, amosando dende a práctica as condicións necesarias para a xestión da economía social. Ademais, o obradoiro contribúe a dar valor e visibilidade a dito modelo económico e aos recursos e ferramentas dispoñibles para as persoas socias e equipos técnicos que traballan en entidades de economía social.

A sesión inicial, o 15 de xullo, afondará nas características da economía social. O día 16 trataranse a planificación estratéxica e as ferramentas para plans de mellora e os días 17 e 18 desenvolveranse as áreas económico-financeira e comercial e de mercado. O obradoiro cobre, por tanto, as necesidades formativas de persoas candidatas a bolseiras para unha estadía en prácticas na área xerencial dunha cooperativa ou empresa da economía social.

Programa completo en “Documentación 1”

Rede Eusumo

20190618_logos-REDE-EUSUMOEsta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Por outra banda, AGACA, durante 2018 e 2019, impulsou o Programa Bolsas de xerencia en entidades de Economía Social (no marco da Rede Eusumo e do proxecto LACES, con financiamento do Interreg POCTEP) e, dada a satisfacción das persoas e entidades implicadas, prevé organizar accións semellantes en 2020.

27/06/2019

Agaca
Por Agaca Xuño 27, 2019 12:44
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*