AGACA imparte unha xornada sobre coidado de coidadores en Sarria

Agaca
Por Agaca Abril 25, 2018 14:55 Actualizado

ACTIVIDADES

Setembro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” desenvolveron esta mañá a xornada “Coidar, coidarte” na que tomaron parte unha vintena de persoas socias da cooperativa Aira.
  • Expuxéronse modos de mellorar a atención que se proporciona ás persoas maiores no fogar.

20180425-coidar-coidarte-aira-sarria-wb (2) Unha vintena de socios e socias da cooperativa Aira participaron esta mañá en Sarria nunha xornada do programa “Coidar, coidarte”. Daniel Ferreiro, director xeral de Aira, indicou durante a inauguración que esperaba que a xornada fose un primeiro paso para devolverlles ás persoas que agora están xubiladas o que no seu día achegaron ás cooperativas: “Se Aira é o que é hoxe en día é por eles, polos pioneiros”, afirmou.

A primeira parte da mañá constou dunha charla sobre a situación das persoas maiores no medio rural e o papel das cooperativas na mellora da súa calidade de vida así como a das persoas encargadas da súa atención, a cargo da técnica de AGACA Ruth Rodríguez. Segundo datos compilados pola entidade, a porcentaxe de cooperativistas que supera os 55 anos oscila entre o 20 e o 40%, dependendo do sector.

A continuación, Silvia Fondo, profesional en atención a persoas maiores e con dependencia explicaron diferentes modos de mitigar o deterioro asociado ao envellecemento, a nivel físico, psicolóxico e social, para que tanto as persoas maiores como as encargadas da súa atención gocen dun maior benestar no día a día.

Ademais, con axuda do público demostráronse varias técnicas para mover e desprazar correctamente a persoas que precisan asistencia para iso.

Compromiso social

“Coidar, coidarte” forma parte dun plan conxunto entre AGACA e Obra Social “la Caixa” iniciado em 2015. Dende entón, téñense celebrado 17 xornada de “Coidar, coidarte”, con arredor de 370 participantes.

Outras iniciativas do Plan inclúen xornadas sobre empoderamento da muller cooperativista, incorporación de persoas mozas á actividade profesional no medio rural e fomento da alimentación sa entre escolares.

 

25/04/2018

Agaca
Por Agaca Abril 25, 2018 14:55 Actualizado
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*