AGACA imparte na Cooperativa de Lago un curso de Aplicador/Manipulador de Fitosanitarios

Agaca
Por Agaca Maio 6, 2016 11:47

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O luns comeza o curso de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios (nivel básico), impartido por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) en A Torre (Valdoviño), nas instalacións da Cooperativa de Lago.
  • O curso, homologado pola Consellería do Medio Rural, permite obter o carné correspondente, para poder adquirir produtos fitosanitarios.

Unha vintena de persoas participarán na acción formativa, que rematará o 18 de maio. Trátase do terceiro curso que AGACA imparte en Valdoviño. A formación, estruturada en sesións prácticas e teóricas, vai especialmente dirixida a profesionais do sector agrario ou particulares con necesidade de empregar e adquirir produtos fitosanitarios para cultivos e habilita para a obtención do carné obrigatorio de aplicador/manipulador destas substancias.

O curso, que segue a outros realizados en Naraío, Narón, Lourenzá, Melide e Teixeiro, encádrase na labor formativa, adaptada ás necesidades das cooperativas, que desempeña AGACA para contribuír á profesionalización e avance do sector agroalimentario.

06/05/2016

Agaca
Por Agaca Maio 6, 2016 11:47
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*