AGACA imparte en Narón un curso de Aplicador/Manipulador de Fitosanitarios

Agaca
Por Agaca Maio 12, 2016 12:44

ACTIVIDADES

Marzo 2020

REVISTA AGACA

  • 146-portada-revista-wb

    Cooperación Galega Nº 146 Decembro 2019

    Editorial: Sustentabilidade de cooperativas
    A fondo: AGROSMARTglobal para vender en China e Estados Unidos
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario (parte II)

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá comezou o curso de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios (nivel básico), impartido por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) en Vilacornelle (Narón), nas instalacións da Cooperativa O Val-Narón.
  • O curso, homologado pola Consellería do Medio Rural, permite obter o carné correspondente, para poder adquirir produtos fitosanitarios.

Unha trintena de persoas participarán na acción formativa, que rematará o 23 de maio. Trátase do segundo que AGACA imparte na cooperativa. A formación, estruturada en sesións prácticas e teóricas, vai especialmente dirixida a profesionais do sector agrario con necesidade de empregar e adquirir produtos fitosanitarios para cultivos e habilita para a obtención do carné obrigatorio de aplicador/manipulador destas substancias.

O curso, que segue a outros realizados en Naraío, Valdoviño, Lourenzá, Melide e Teixeiro, encádrase na labor formativa, adaptada ás necesidades das cooperativas, que desempeña AGACA para contribuír á profesionalización e avance do sector agroalimentario.

12/05/2016
Agaca
Por Agaca Maio 12, 2016 12:44
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*