AGACA imparte en Lourenzá un curso de Aplicador/Manipulador de Fitosanitarios

Agaca
Por Agaca Abril 4, 2016 10:19

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta fin de semana comezou o curso de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios (nivel básico), impartido por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias) nas instalacións do Concello de Lourenzá.
  • O curso, homologado pola Consellería do Medio Rural, permite obter o carné correspondente, para poder adquirir produtos fitosanitarios.

Unha trintena de persoas están a participar na acción formativa, que comezou o día 2 e rematará o 14 de abril. O curso, estruturado en sesións prácticas e teóricas, vai especialmente dirixido a profesionais do sector agrario ou particulares con necesidade de empregar e adquirir produtos fitosanitarios para cultivos e habilita para a obtención do carné obrigatorio de aplicador/manipulador destas substancias.

O curso, que segue a outros realizados en Naraío, Valdoviño e Narón encádrase no labor formativo que desempeña AGACA para contribuír á profesionalización e avance do sector agroalimentario.

Agaca
Por Agaca Abril 4, 2016 10:19
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*