AGACA imparte cursos de fitosanitarios en Teixeiro e Narón

Agaca
Por Agaca Abril 22, 2016 14:00

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O 25 de abril comeza en Vilacornelle (O Val, Narón) a segunda edición do curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios.
  • O 26 de abril terá lugar en Santaia (Teixeiro) un curso de renovación do carné de aplicador e manipulador de fitosanitarios.
  • A formación, impartida por AGACA (Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias), está homologada pola Consellería do Medio Rural.

Medio centenar de persoas participarán a próxima semana nos cursos organizados por AGACA. O primeiro deles, de Aplicador/Manipulador de Produtos Fitosanitarios, nivel básico, desenvolverase entre o 25 de abril e o 3 de maio na localidade de Vilacornelle (Narón) e habilita para conseguir o carné obrigatorio para tratar con produtos fitosanitarios. É a segunda vez que AGACA imparte estas clases en Narón.

O segundo, en Santaia (Teixeiro) está orientado a actualizar os coñecementos das persoas que xa conten co carné de nivel básico e precisen renovalo.

A formación, que está homologada pola Consellería do Medio Rural, trata dende aspectos técnicos como cálculo de cantidades, aplicación e propiedades dos fitosanitarios, ata seguridade e prevención de riscos para a saúde e o medio ambiente.

Estes cursos seguen aos impartidos en Naraío, Valdoviño, Lourenzá e Melide, e encádranse na labor formativa que desempeña AGACA para contribuír á profesionalización e avance do sector agroalimentario.


22/04/2016

Agaca
Por Agaca Abril 22, 2016 14:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*