AGACA forma cooperativistas de A Coruña e Lugo

Agaca
Por Agaca Decembro 11, 2015 15:23

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Máis de trinta persoas asociadas e traballadoras de tres cooperativas galegas participarán en cursos de manexo de maquinaria, obtención do CAP e primeiros auxilios, impartidos por AGACA.
  • Os cursos son financiados pola Fundación Tripartita, en virtude dun convenio asinado con Cooperativas Agro-alimentarias de España.

Hoxe comeza a primeira das accións formativas, na cooperativa Mopán (Monterroso, Lugo), onde dez socios e traballadores tomarán parte nun curso de Manexo Seguro de Carretillas Elevadoras e Transpaletas. Durante unha semana afondarán en materias como lexislación de seguridade laboral, prevención de riscos, mecánica, ergonomía ou procedementos de traballo.

O próximo luns comezan dous cursos. Na cooperativa Melisanto (Melide, A Coruña) impartirase, para unha ducia de transportistas, formación para obter o Certificado de Aptitude Profesional (CAP) entre o 14 e o 28 deste mes. Os socios e traballadores de AGRIS (Lugo) aprenderán, durante catro xornadas, diversas técnicas de primeiros auxilios.

Seguridade e calidade
Continúa así o compromiso de AGACA coa formación continua dos profesionais do sector agroalimentario, para garantir non só a mellora das súas condicións laborais senón tamén a calidade dos produtos cooperativos que chegan ao consumidor.

Agaca
Por Agaca Decembro 11, 2015 15:23
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*