AGACA ensina a manexar o Whatsapp a un grupo de mulleres de Feiraco

Agaca
Por Agaca Xaneiro 27, 2016 15:48

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A través desta iniciativa AGACA busca introducir ás mulleres socias das cooperativas no uso e coñecemento das TIC.
  • Onte tivo lugar o primeiro Taller, de nivel básico, onde unha decena de socias de Feiraco familiarizouse co Wathsapp e ás súas funcionalidades.

wb_Xornada_TICA raíz das múltiples accións de xénero que se levan desenvolvendo dende 2013, fortalecidas coa cadea de Xornadas “Atrévete contigo mesma” en marcha dende decembro, por toda Galicia, co fin de reforzar a autoestima das mulleres e animalas a participar nos órganos de goberno das cooperativas, téñense detectado áreas nas que as propias mulleres demandan máis formación.
Ao longo da tarde de mañá, xoves, terá lugar a segunda edición deste Taller, xa cun nivel máis avanzado, onde outro grupo diferente de socias de Feiraco terá ocasión de aprender a enviar mensaxes, gravar e enviar audios, fotos, engadir contactos, conectarse a unha wifi, crear grupos, elaborar listas de difusión, configuración e outras accións.

Dende o principio, Feiraco tense implicado coas diferentes iniciativas realizadas, chegando a crear incluso un grupo, “Mulleres de seu”, que demanda un bo número de accións neste senso.

Os talleres son impartidos pola axente de Igualdade e técnica de AGACA, Ruth Rodríguez.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 27, 2016 15:48
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*