AGACA e Tinsa asinan un convenio de colaboración para valoracións e taxacións de propiedades

Agaca
Por Agaca Outubro 3, 2019 11:43

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • O presidente da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA e o delegado comercial de Tinsa en Coruña e Lugo asinaron un convenio de colaboración que beneficiará ás cooperativas agroalimentarias galegas socias.
  • As súas valoracións son tidas en conta á hora de acceder a créditos en entidades bancarias, xa que é a compañía de referencia para bancos e administracións públicas.

20191002_firma-convenio-agaca-Montes_Tinsa-Gabriel-GarciaJosé Montes, presidente de AGACA, e Gabriel García, delegado comercial de Tinsa en A Coruña e Lugo, reuníronse onte en Compostela para firmar un convenio de colaboración mediante o que as entidades asociadas a AGACA optarán aos servizos de Tinsa baixo condicións preferenciais.

Tinsa é o grupo líder en valoración, asesoramento e big data inmobiliario en Europa e Latinoamérica. A compañía realiza taxacións para garantía hipotecaria e valoracións de inmobles para todo tipo de finalidades (asesoramento en compravenda, herdanzas, rexistros contables…) baixo normativas nacionais e internacionais (RICS, IVS, EVS) e dende a total independencia, xa que non intermedia en operacións.

O grupo Tinsa é experto na valoración de todo tipo de activos, tanto inmobiliarios, dende terreos e vivendas ata inmobles ligados a unha explotación económica, como de bens mobles (maquinaria, instalacións…) e incluso de empresas, marcas e patentes. As entidades asociadas a AGACA poderán contratar tamén cun importante desconto unha ampla gama de servizos de asesoramento de corte tributario o urbanístico, entre outros.

A actividade de valoración inmobiliaria de Tinsa compleméntase con outras dúas empresas do grupo empresarial: Taxo Valoración, especializada en valoración de bens mobles (maquinaria, embarcacións, xoias, obras de arte ou edificios singulares), e Tinsa Digital, a filial de big data e servizos tecnolóxicos avanzados, que se nutre da maior base de datos inmobiliarios comprobados de España.

Con máis de 20 delegacións comerciais por toda España e oficinas en 13 países de Europa, Latinoamérica e África, o grupo Tinsa presta un asesoramento inmobiliario integral aos seus clientes en calquera lugar de España e en máis de 25 países.

Pola súa parte, AGACA representa a cooperativas de primeiro e segundo grao, así como a Sociedades Agrarias de Transformación dos sectores lácteo, vitivinícola, cárnico, hortofrutícola, apícola, flor, de subministracións, de servizos e de crédito, que alcanzan unha cifra de negocio de 399 millones de euros e agrupan preto de 28.000 persoas socias.

03/10/2019

Agaca
Por Agaca Outubro 3, 2019 11:43
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*