AGACA e Obra Social “la Caixa” educan sobre almorzos sans a escolares na Coruña

Agaca
Por Agaca Marzo 20, 2018 13:36

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Os estudantes de segundo ciclo de primaira do colexio Labaca aprenderon esta mañá como almorzar adecuadamente, grazas a “Almorz@ con Beizos Brancos”.
  • Organizan a iniciativa a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca) e Obra Social “la Caixa”.

20180320_Bei_labaca_Coruna

O alumnado de terceiro e cuarto de primaria do colexio coruñés Labaca asistiron esta mañá a unha charla impartida pola nutricionista María Fernández, onde aprenderon que, para almorzar, cómpre tomar alimentos de varias clases, coma lácteos, froitas de tempada mellor enteiras que en zume, e alimentos de tipo hidrato de carbono, evitando os procesados industrialmente que conteñen exceso azucre e graxas. Fernández fixo fincapé na necesidade de almorzar diariamente para obter a achega enerxética correcta.

Como exemplo, o medio centenar de escolares probou un almorzo composto por leite enteiro, pan con aceite e mandarinas.

Ademais, mediante un xogo, aprenderon o proceso produtivo do leite. Tamén recibiron material didáctico con los valores nutricionais de diversos alimentos habituais no almorzo.

O programa “Almorz@ con Beizos Brancos” desenvolveuse durante este curso académico en 18 centros educativos. Participaron nel máis de 850 escolares.

AGACA e Obra Social “la Caixa” impulsan esta iniciativa como parte dun plan máis amplo, froito dunha colaboración iniciada en 2015, que inclúe accións orientadas ao empoderamento da muller cooperativista, impulso da incorporación de mozos e mozas á actividade profesional no medio rural e mellora da atención a persoas maiores no fogar.

.

20/03/2018

Agaca
Por Agaca Marzo 20, 2018 13:36
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*