AGACA e “la Caixa” organizan xornadas en tres cooperativas para pór de relevancia á muller rural

Agaca
Por Agaca Outubro 29, 2015 19:33

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

  • As “Xornadas Atrévete Contigo Mesma”, organizadas por AGACA e a Obra Social “la Caixa”, buscan concienciar ás mulleres do contorno rural da súa propia capacidade para participar activamente nos ámbitos empresariais públicos, como as cooperativas.
  • A Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López, abrirá a primeira Xornada do mes o día 4 nas instalacións de Agris na Louzaneta; o día 6 a Xornada será en Carballo, da man de Coreber e o día 9 terá lugar na Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes.

Atrévete Contigo MesmaAs Xornadas están dirixidas a mulleres que viven no contorno rural, especialmente no caso das vinculadas a algunha cooperativa xa que, en moitos casos, son as titulares das súas explotacións, onde ademais traballan — o 56% delas pasan entre 4 e 8 horas diarias na corte—, pero non exercen cargos nos órganos de decisión.

Nese senso, os datos amosan que, en Galicia, malia que as cooperativas contan cun 49% de asociadas, nos consellos reitores hai un 12% de mulleres e só o 3% de presidentas.

Retos
Entre os retos que se tratarán nas Xornadas, cóntanse os xeitos de conciliar a vida familiar e profesional ou a falta de confianza nas propias capacidades para exercer cargos de responsabilidade pública.

As Xornadas visibilizarán o rol que poden desempeñar as mulleres rurais, motivarán ás asistentes para seren máis participativas e incidirán na necesidade de adquirir conciencia da súa capacidade real para traballar e tomar decisións nos órganos de xestión de entidades do ámbito público.

Compromiso coa igualdade
A iniciativa “Atrévete Contigo Mesma” supón unha continuación das actividades que AGACA vén desempeñando para contribuir á visibilización e o empoderamento das mulleres do contorno rural a nivel persoal e profesional, mediante accións como estudos, enquisas, charlas e módulos formativos e de motivación, que recibiron respostas moi positivas das cooperativas.

Atrévete Contigo Mesma” suma ademais a implicación da Obra Social “la Caixa”, comprometida coa igualdade de xénero e o aproveitamento da capacidade empresarial das mulleres do mundo rural.

Jornadas en cooperativas

4 de novembro, mércores — AGRIS, Polígono da Louzaneta s/n, LUGO – 11:00 a 15:00 h.

6 de novembro, venres — COREBER, Restaurante Punta del Este en Avda. de Malpica, 125, Carballo, A Coruña) – 10:30 a 14:00 h.

9 de novembro, luns — Cooperativa Agraria Comarcal de Ordes, ACO, r/Emilia Pardo Bazán, 12, Ordes, A Coruña – 10:30 a 14:30 h.


18 de novembro, mércores — Campo Capela, Lugar de Calzados, 8 (A Capela), A Coruña – 10:30 a 14:30 h.

25 de novembro, mércores — Xallas, Santa Comba, A Coruña – 11:00 a 15:00 h.

26 de novembro, xoves — Melisanto, Agüeiros-Furelos (Melide), A Coruña – 10:30 a 14:00 h.


2 de decembro, mércores — ICOS, Lugar de Sobreiras – Fornas (Chantada), Lugo – 11:00 a 15:00 h.

Agaca
Por Agaca Outubro 29, 2015 19:33
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*