AGACA e “la Caixa” impulsan o envellecemento activo en Melide

Agaca
Por Agaca Xuño 17, 2016 13:22

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e Obra Social “la Caixa” organizan este luns na cooperativa Melisanto a xornada “Coidar, coidarte” para contribuír ao envellecemento activo.
  • É a segunda deste ciclo de xornadas que se levarán a cabo en cooperativas de toda Galicia.

Un grupo de socias da cooperativa láctea e hortícola Melisanto participará o día 20 na charla “Coidar, coidarte” impartida por expertas en atención a persoas maiores e con dependencia.

A xornada informará sobre os diferentes procesos físicos e psicolóxicos asociados co envellecemento e achegará pautas para tratar de mitigar o deterioro asociado a cumprir anos.

Ademais, explicaranse técnicas para o coidado no fogar de persoas maiores dependentes, tratando de mellorar o seu benestar á vez que facilitando o labor das persoas coidadoras que, na contorna do cooperativismo agroalimentario, adoitan ser mulleres da familia.

Compromiso social

Coidar, coidarte” responde ás demandas efectuadas polas cooperativistas que interviñeron en accións previas desenvolvidas por AGACA e Obra Social “la Caixa”, que reafirman deste xeito o seu compromiso co medio rural galego, contribuíndo ao seu avance social.

Lugar: Melisanto, Lugar de Agüeiros-Furelos, s/n, Melide – (A Coruña)

Horario: luns, 20 de xuño de 10:00 a 14:00 h.

17/06/2016
Agaca
Por Agaca Xuño 17, 2016 13:22
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*