AGACA e Cooperativas Agro-alimentarias de España, dando pasos en igualdade

Agaca
Por Agaca Marzo 8, 2019 10:57

ACTIVIDADES

Decembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Dende AGACA, unímonos á mensaxe de Cooperativas Agro-alimentarias de España

Día Internacional da Muller

Mujer RuralUn ano máis, e con motivo do Día Internacional da Muller, Cooperativas Agro-alimentarias de España quere homenaxear a todas as mulleres agricultoras e gandeiras que forman parte da familia do cooperativismo agroalimentario.

O sector agroalimentario, moi a pesar das persoas que traballamos pola igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, segue conservando ese marcado carácter masculinizado que fai que as mulleres só supoñan un 4% nos postos de gobernanza e decisión das nosas cooperativas, o que significa un desperdicio de talento e falta de pluralidade tanto na contorna rural como no noso sistema económico.
Cooperativas Agro-alimentarias de España ten moi claro que a súa misión ha de ir orientada a impulsar un modelo cooperativo empresarial, profesionalizado, competitivo, con dimensión relevante, que contribúa a mellorar a rendibilidade dos socios e socias e, en definitiva, a conseguir un desenvolvemento sustentable sector agroalimentario e do medio rural e, nese sentido, se a muller non forma parte dese contexto, dificilmente poderemos falar dun modelo cooperativo sustentable e xerador de valor.

Convencidos de que máis mulleres nos Consellos Reitores tradúcese en mellores empresas cooperativas, Cooperativas Agro-alimentarias, da man da súa propia asociación AMCAE (Asociación de Mulleres de Cooperativas Agro-alimentarias de España), non cesou na procura de novas oportunidades que permitan posicionar á muller en postos de responsabilidade e de toma de decisións dentro das cooperativas.
Avanzar e innovar en cuestións vinculadas ao ámbito do social non é tarefa fácil, nin os seus resultados son percibidos a curto nin medio prazo, pero si estamos en condicións de afirmar que nos últimos anos produciuse un cambio importante e substancial desde un punto de vista cualitativo.

Se analizamos cales foron os factores que nos permitiron avanzar na participación das mulleres nos postos de decisión, sendo máis permeables e sensibles á hora de buscar solucións, sen dúbida debemos remitirnos ao factor humano. Homes e mulleres que entenden a necesidade de traballar por unha presenza equilibrada de xénero en todas as estruturas, e unha Administración especialmente consciente de ofrecer os leitos e as ferramentas necesarias para a construción dunha sociedade máis equitativa e xusta.

Hoxe achegámonos un pouco máis a equilibrar a presenza de homes e mulleres nos postos de responsabilidade das nosas cooperativas, hoxe queremos poñer en valor os compromisos asumidos polo noso sector en favor da igualdade; hoxe, seguimos dando pasos.

08/03/2019

 

 

Agaca
Por Agaca Marzo 8, 2019 10:57
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*