AGACA e a Fundación Feiraco celebran o Día Internacional das Mulleres Rurais

Agaca
Por Agaca Outubro 13, 2016 17:34
  • Promovido pola Organización de Nacións Unidas (ONU) conmemórase o sábado 15 de outubro en todo o mundo.
  • A xornada terá lugar mañá venres, 14 de outubro, ás 11:30 horas, na sede da Fundación Feiraco (Pontemaceira S/N, Ames).

Este acto pon de relevancia a contribución das mulleres ao desenvolvemento do sector cooperativo e do medio rural e enmárcase dentro das diferentes actuacións de Responsabilidade Social Empresarial que se promoven tanto desde a Fundación Feiraco como desde AGACA co obxectivo de eliminar aqueles obstáculos que poidan atopar as mulleres no acceso a cargos de responsabilidade e promover a maior integración feminina nos órganos de decisión cooperativos.

Entre as actuacións que levan a cabo ambas entidades compre salientar “Atrévete Contigo Mesma”, xornadas centradas no empoderamento e suba da autoestima das cooperativistas, e os obradoiros de “Empoderamento da muller como persoa socia da cooperativa”, sobre empoderamento e xestión empresarial, no marco da Rede Eusumo da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

No acto participarán o director xeral de Feiraco, José Luis Antuña; o director xerente de AGACA, Higinio Mougán; a vicepresidenta de Feiraco Carmen Rodríguez; e a secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, Carmen Bouso Montero.

 

Agaca
Por Agaca Outubro 13, 2016 17:34
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*