AGACA denuncia o abuso de Logística Alimentaria sobre os gandeiros de dúas cooperativas galegas

Agaca
Por Agaca Abril 21, 2015 14:07

ACTIVIDADES

Novembro 2019

REVISTA AGACA

  • 145 portada

    Coperación Galega 145 Outubro 2019

    Editorial: «Comprometidos, non privilexiados»
    A fondo: Entrevista a Rafael Prieto, director xeral de Clun: «Case é imprescindible ter unha industria láctea cooperativa forte»
    Caderno Técnico: A innovación agroforestal en Galicia

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

Claves

  • Sen contrato e sen previo aviso, ameaza con non pagar o leite de abril
  • Os gandeiros están sen cobrar
  • AGACA está notificando esta anomalía á Administración

Artigos relacionados

a para sectores

AGACA denuncia o abuso de Logística Alimentaria sobre os gandeiros de dúas cooperativas galegas

  • Sen contrato e sen previo aviso, Logística Alimentaria ameaza con non pagar o leite de abril se as cooperativas non asinan agora, de forma irregular, os contratos inexistentes de meses anteriores.
  • A día de hoxe, os gandeiros están sen cobrar nada polo leite do mes de abril.
  • A Asociación está notificando esta situación anómala á Consellería do Medio Rural e do Mar e ao Ministerio de Agricultura para que se adopten medidas inmediatamente.

Dúas cooperativas galegas veñen de poñer en coñecemento da Asociación o “atropelo” que Logística Alimentaria pretende exercer sobre os gandeiros aos que lles viña comprando o leite, sen ter contrato, ofrecéndolles unha liquidación do leite a 17 céntimos, en caso de non asinar un contrato que simule a existencia deste nos meses previos.

Dado que as cooperativas, a día de hoxe, non aceptaron firmar o contrato proposto, aínda non cobraron nada polo leite entregado en abril. A entidade ameázaos con non pagar nada se non aceptan.

Ademais da irregularidade manifesta pretendendo asinar un contrato falso, este desafío non respecta, en absoluto, os hábitos e costumes no pago do leite mercado ás cooperativas pois, tradicionalmente, de non existir negociación previa, enténdese que, como mínimo, se paga o mesmo prezo que no mes anterior e nunha data próxima ao 20 do mes seguinte.

Nestes intres algunha das cooperativas xa está recollendo toda a información para denunciar o caso ante as autoridades competentes.

Actos coma este non poden quedar impunes. Dende AGACA agardamos unha solución inmediata.

Agaca
Por Agaca Abril 21, 2015 14:07
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*