Agaca celebra a súa XXXI Asemblea Xeral e que Galicia é Rexión Amiga da Economía Social

Agaca
Por Agaca Xuño 5, 2019 14:49

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca
  • Esta mañá celebrouse en Santiago de Compostela a XXXI Asemblea Xeral da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA).
  • A entidade adiantou algunhas actividades que desenvolverá en verán.

Hoxe tivo lugar en Santiago a XXXI Asemblea Xeral da Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias – AGACA. Durante a asemblea foron aprobadas as contas anuais, o informe de xestión e a aplicaciónde resultados correspondente a 2018.

Ademais, avanzáronse algunhas das actividades que se realizarán en verán. En xuño terá lugar un Obradoiro sobre Gobernanza Cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais en Bueu (no marco da Rede Eusumo) e unha visita formativa para mozos e mozas de Euopa (no marco do proxecto Erasmus+ LeadFarm).

En xullo están previstas en Santiago, dúas xornadas sectoriais organizadas con Cooperativas Agro-alimentarias de España: o día 2, unha sobre o desenvolvemento do cooperativismo no sector lácteo e o paquete lácteo e, o día 10, unha acerca da agricultura a tempo parcial e o sector vitivinícola. Tamén se desenvolverá, no marco da Rede Eusumo, un obradoiro orientado ao Apoderamento das mulleres socias de cooperativas: o día 4 falarase de “Nós, As Mulleres”, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, o 11 viaxarase a cooperativas con presenza feminina e o 18 de xullo impartiranse relatorios sobre emprendemento, igualdade e asociacionismo.

As persoas que acudiron á Asemblea Xeral puideron, a continuación, participar no concerto e nos relatorios organizados no marco do Foro pola Economía Social Galega para celebrar o nomeamento de Galicia como Rexión Amiga da Economía Social pola Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e Pemes da Comisión Europea. Asistiron Estelle Bacconnier, alta representante da Comisión Europea; Francisco Conde, conselleiro de Economía, Emprego e Industria; Juan Antonio Pedreño, presidente de CEPES, e Celso Gándara, portavoz do Foro pola Economía Social Galega.

 

05/06/2019

Agaca
Por Agaca Xuño 5, 2019 14:49
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*