AGACA amosará en Carballeda de Avia propostas para xerar riqueza e emprego nos montes

Agaca
Por Agaca Abril 1, 2016 14:00

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

  • O 16 de abril terá lugar a xornada “Creación de Emprego e Riqueza mediante o Uso Cooperativo do Monte Comunal”, centrada na identificación e potenciación dos recursos dos montes en man común para os veciños, mediante a xestión cooperativa.
  • A cita será no Concello de Carballeda de Avia.
  • AGACA organiza as xornadas co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Rede Eusumo.
  • As persoas interesadas poden inscribirse premendo aquí ou en 981 584783.

Tradicionalmente, as comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC) empregan estes terreos para produción madeireira que, xunto coa instalación de parques eólicos, é unha das principais actividades xestionadas polas CMVMC.

A Xornada, orientada a persoal especializado na xestión de montes veciñais e de man común (MVMC), pretende visualizar vías complementarias, aínda infravaloradas, de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativa.

O seminario tratará aspectos económicos e lexislativos marcados pola nova Lei de Montes, para aclarar as diferentes posibilidades de investimento das CMVMC, así como modos de xestión cooperativa dos seus recursos ociosos. Tamén se mostrará como innovar a través da eficiencia enerxética.

Casos de éxito
A Xornada concluirá mostrando iniciativas de éxito na explotación dos MVMC, entre elas usos relacionados coa crianza de animais e coa produción de castaña, oliveira, cogomelos e mel.

A iniciativa está impulsada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante a Rede Eusumo para o fomento do cooperativismo e a economía social e o Plan de Formación e Divulgación da Potencialidade do Cooperativismo.

Lugar: Salón de Actos do Concello de Carballeda de Avia, Rúa Castelao, nº 4
Data e hora: sábado 16 de abril. De 09:30 a 14:45 h.

Agaca
Por Agaca Abril 1, 2016 14:00
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*