AGA propón trampas contra a velutina e presenta a Semana das Abellas de Ferrol

Agaca
Por Agaca Marzo 28, 2016 11:17

ACTIVIDADES

Outubro 2019

REVISTA AGACA

  • 144_portada_wb

    Cooperación Galega Nº 144 Agosto 2019

    Editorial: Viticultores en problemas coa Seguridade Social
    A fondo: Daniel Ferreiro: “A decisión de fusionar Aira foi un acerto”
    Caderno Técnico: Oportunidades de negocio no sector primario

    Ver Online Ver Todas Hemeroteca

  • A Asociación Galega de Apicultura aconsella iniciar o trampeo contra a vespa velutina a inicios da primavera, mentres os niños son pequenos e as avespas máis vulnerables.
  • Os días 1, 2 e 6 de abril haberá tres Xornadas Técnicas en Ferrol sobre diversos temas de interese para apicultores. Do 31 de marzo ao 6 de abril manterase a exposición “Abellas e Medio Ambiente”, aberta ao público xeral e a visitas escolares, no Centro Cultural Carvalho Calero.

A Delegación de Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura presentou un tríptico con recomendacións para a loita contra a vespa velutina durante a primavera, momento no que, indican, “empezan a saír da súa hibernación as raíñas fundadoras, de feito que xa están caendo nas trampas, polo que todos tempos que poñer o maior número posible de tramas, distanciándoas 20 metros unhas das outras e colocándoas nas árbores en flor, das que teñen preferencia polas camelias”.

Recordan que “nos lugares máis temperados, como a costa, as raíñas fundadoras están formando os niños primarios. É o momento no que están máis famélicas e activas no exterior e, polo tanto, son máis vulnerables ao trampeo”.

– Para as trampas caseiras, recomendan:

1º Cortar unha botella de plástico de 1,5 ou 2 l. pola parte superior, a uns 2 cm por debaixo do inicio do estreitamento do colo da botella. Obterase un recipiente e unha especie de embude.

2º Realizar na botella buracos de 5 mm de diámetro e, no embude que obtivemos, dous buracos de 5,5mm e un de 7mm..

3º Colocar o embude cara abaixo na botella de xeito que a velutina poida entrar no envase, pero non saír del.

– Como atraíntes, propoñen dous:
– Unha mestura dun 40% de cervexa negra, un 40% de viño branco e un 20% de zume de froita (especialmente arandos).
– Auga e unha cabeza de pescado.

O Grupo de Traballo recorda, ademais, que todos os socios da súa Delegación poden recoller tres trampas e atraíntes para a velutina.

Xornadas técnicas no Centro Cultural Cavalho Calero de Ferrolwb_AGA_xornadas_tecnicas

“Abellas e Biodiversidade. Pasado, presente e futuro da apicultura galega”, a cargo de Rafael Díaz, técnico apícola de AGA. Data e hora: venres, 1 de abril, a las 19:00 h.

“Flora de interese apícola”, a cargo de María Serijo, doutora en Bioloxía pola Universidade de Vigo. Data e hora: sábado, 2 de abril, a las 11:00 h.

“Características dos propóleos das abejas e beneficios na saúde humana”, a cargo de Deyanira Valdés, doutora en Medicina pola Facultade de Ciencias Médicas da Habana. Data e hora: mércores, 6 de abril, a las 19:00 h.

Para ver información completa sobre as xornadas e actividades de AGA, pode consultar os documentos adxuntos en “Documentación 1” e “Documentación 2”

Para ver información completa sobre a vespa velutina, pode consultar o documento adxunto en “Documentación 3”

Agaca
Por Agaca Marzo 28, 2016 11:17
Escriba un comentario

Non existen comentarios

Aún no hay comentarios.

Podes ser o primeiro en comentar esta entrada

Escriba un comentario
Ver comentarios

Escriba un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicado.
Los campos obligatorios están marcados*