— Obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais”. Muros, 2 a 6 de xullo.

Agaca
Por Agaca Xuño 19, 2018 12:22

Información del curso

  • Imparte: AGACA e Rede Eusumo
  • Comezo: 02/07/2018
  • Fin: 06/07/2018
  • Modalidade: presencial
  • Descarga:
Inscribirse

arbolramawebO obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Vecinales” está orientado a persoas especializadas na xestión destas superficies. Durante 5 días, pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.

Terá lugar no Local social da CCMMVV de Serres, situado en Rúa Serres, s/n, Muros.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@agaca.coop ou completar o formulario premendo o botón “Inscribirse”, á esquerda.

  • 1ª Sesión: Luns 2 de xullo de 17:00h a 20:00h

Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común:

-“O Dourado Verde” A resinación de piñeirais.

– O cultivo de olivas nos montes comunais.

– A eficiencia enerxética

– Crianza e comercialización de porco celta

– O cultivo da castaña.

  • 2ª Sesión: Martes 3 de xullo de 17:00h a 20:00h

Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes:

-Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.

-Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.

-Libros das comunidades: censo, actas e contas.

-Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.

-Estatutos e normas internas. Réxime electoral.

RELATOR: Dª Susana López González. Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 3ª Sesión: Mercores 4 de xullo de 17:00 h a 20:00h

Fiscalidade das comunidades de montes:

-Bonificacións fiscais das comunidades de montes.

-Exención de IBI do monte veciñal en man común.

-Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.

-Tributación no Imposto sobre Sociedades.

-Catastro: procedementos de alteración e regularización.

RELATOR: D. Juan Blanco Gutiérrez. Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 4ª Sesión: Xoves 5 de xullo de 17:00h a 20:00h

Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común:

-Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.

-Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.

-Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.

-Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos, etc.

-Plans e instrumentos de ordenación

RELATOR: Dª. Susana López González. Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 5ª Sesión: Venres 6 de xullo de 17:00 h a 20:00h

Xestión cooperativa dos recursos ociosos dos montes veciñais en man común.

RELATOR: D. Higinio Mougán Bouzón Director-Xerente de AGACA

2018_logos_eusumo