— Obradoiro “Formación de titoras xerenciais en empresas da economía social” – Santiago

Agaca
Por Agaca Xuño 27, 2019 13:21

Información del curso

  • Imparte: Agaca e Rede Eusumo
  • Enderezo: Sede social AGACA: rúa Tomiño, nº 22, entresolo - Santiago
  • Comezo: 15/07/2019
  • Fin: 18/07/2019
  • Número de horas: 20
  • Modalidade: presencial
  • Descarga:
Inscribirse

20190627_Eusumo_bolseiros-web O obradoiro gratuíto  Formación de titoras xerenciais en empresas da economía social”, que comeza o 15 de xullo en Santiago de Compostela, ten por obxectivos familiarizar a persoas con formación en xestión empresarial co modelo cooperativo e outras empresas de economía social.

As vinte horas formativas enfócase en sentar as bases dunha axeitada función xerencial nesas entidades, amosando dende a práctica as condicións necesarias para a xestión da economía social. Ademais, o obradoiro contribúe a dar valor e visibilidade a dito modelo económico e aos recursos e ferramentas dispoñibles para as persoas socias e equipos técnicos que traballan en entidades de economía social.

 15 de xullo – Características da economía social

Especificidades das empresas da economía social: fórmula cooperativa.
Características básicas
A cooperativa en Galicia
Órganos sociais: funcionamiento práctico e función xerencial
Estatutos, regulamento, asembleas e xuntanzas
Réxime económico

16 de xullo – Planificación estratéxica e ferramentas para o plan de mellora

Misión, visión e obxectivos
Diagnóstico de mellora
Capacidade emprendedora
Xestión do cambio
Matriz estratégica
Casos prácticos: DAFO, lista de chequeo, aplicación de ferramenta de mellora en varias áreas
Recursos para empresas de economía social

17 de xullo – Área económico-financiera

Realidade da economía scoial
Ferramenta do plan de mellora
Contabilidade:  contas previsionais
Casos prácticos

18 de xullo – Área comercial e de mercado

Mercado actual: situación competitiva
Marketing dixital e e-commerce
Internalización

O obradoiro cobre, por tanto, as necesidades formativas de persoas candidatas a bolseiras para unha estadía en prácticas na área xerencial dunha cooperativa ou empresa da economía social.

Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un email a agaca@agaca.coop ou completar o formulario premendo o botón “Documentación 1”

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Por outra banda, AGACA, durante 2018 e 2019, impulsou o Programa Bolsas de xerencia en entidades de Economía Social (no marco da Rede Eusumo e do proxecto LACES, con financiamento do Interreg POCTEP) e, dada a satisfacción das persoas e entidades implicadas, prevé organizar accións semellantes en 2020.

 

20190618_logos-REDE-EUSUMO