— Do 25 febreiro a 1 marzo: “Gobernanza cooperativa das Comunidades de Montes Veciñais” – Beariz

Agaca
Por Agaca Febreiro 4, 2019 12:13

Información del curso

  • Imparte: AGACA e Rede Eusumo
  • Enderezo: Concello de Beariz, rúa San Pedro, 2 - Beariz.
  • E-Mail: agaca@agaca.coop
  • Número de horas: 15
  • Modalidade: presencial
  • Descarga:
Inscribirse

arbolramawebO obradoiro “Gobernanza cooperativa nas Comunidades de Montes Veciñais” está orientado a persoas especializadas na xestión destas superficies. Durante 5 días, pretende mostrar vías de impulso da rendibilidade dos montes veciñais, baixo o réxime de xestión cooperativizada.

Terá lugar no Salón de Actos do Concello de Beariz, situado en Rúa San Pedro, 2 – Beariz.

Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@agaca.coop ou completar o formulario premendo o botón “Inscribirse”, á esquerda.

RELATOR: Higinio Mougán, director-xerente de AGACA.

  • 1ª Sesión: Luns 25 de febreiro de 17:00h a 20:00h

Iniciativas innovadoras no medio rural na valorización dos montes veciñais en man común:

-“O Dourado Verde”: A resinación de piñeirais.

– O cultivo de olivas nos montes comunais.

– A eficiencia enerxética

– Crianza e comercialización de porco celta

– O cultivo da castaña.

  • 2ª Sesión: Martes 26 de febreiro de 17:00h a 20:00h

Gobernanza e organización cooperativa das comunidades de montes:

— Condición de comuneiro: perda e adquisición. Requisitos.

— Convocatoria e celebración de asembleas. Adopción e impugnación de acordos. Réxime de maiorías.

— Libros das comunidades: censo, actas e contas.

— Xunta Reitora e órganos de goberno. Capacidade xurídica das comunidades de montes.

— Estatutos e normas internas. Réxime electoral.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 3ª Sesión: Mércores 27 de febreiro 17:00 h a 20:00h

Fiscalidade das comunidades de montes:

— Bonificacións fiscais das comunidades de montes.

— Exención de IBI do monte veciñal en man común.

— Deducións na clasificación, adquisición de terreos rústicos, doazóns e permutas.

— Tributación no Imposto sobre Sociedades.

— Catastro: procedementos de alteración e regularización.

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 4ª Sesión: Xoves 28 de febreiro de 17:00h a 20:00h

Titularidade e defensa da integridade dos montes veciñais en man común:

— Procedemento de clasificación e deslindamentos dos montes veciñais. Xurados provinciais de clasificación.

— Accións xudiciais en defensa do monte veciñal: reivindicatoria, declarativa de dominio e deslinde. Conflictos con outras comunidades e con particulares.

— Actos de disposición: adquisición, cesión, permuta, expropiación, arrendamento, superficie, ocupacións e servidumes.

— Procedementos administrativos habituais das comunidades: solicitudes de cortas, aproveitamentos, subvencións, autorizacións, permisos etc.

— Plans e instrumentos de ordenación

RELATOR: Despacho Avogados Calixto Escariz S.L.U

  • 5ª Sesión: Venres 1 de marzo de 17:00 h a 20:00h

Instrumentos de ordenación ou xestión forestal. O artigo 77 da Lei 77/2012 obriga a todos os montes a dotarse dun instrumento de ordenación ou similar. O prazo remata en 2020.

— Proxecto de ordenación forestal.

— Documento compartido de xestión forestal.

— Documento simple de xestión forestal.

— Documento de adhesión expresa a referentes de boas prácticas e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos.

— Tramitación dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

— Axudas, subvencións ou beneficios fiscais regulados pola normativa vixente en materia forestal para os montes ordenados.

RELATOR: Consellería do Medio Rural

2018_logos_eusumo