Certificado de profesionalidade – Nivel 3 – DINAMIZACIÓN COMUNITARIA

Agaca
Por Agaca Agosto 22, 2017 12:03

DINAMIZACIÓN COMUNITARIA – CERTIFICADO DE PROFESIONALIDADE: NIVEL 3 (2017)

Curso gratuíto para a obtención do Certificado de Profesionalidade (nivel 3) en Dinamización Comunitaria (2017).

Data: A partir de outubro 2017.

Requisitos de acceso:

  • Estar inscrito/a no Servizo Público de Emprego Estatal.
  • Estar en posesión do título de bacharelato
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos
  • Estar en posesión dun certificado de profesionalidade nivel 2 da mesma familia e área profesional
  • Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior
  • Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 ou 45 anos
  • Ter certificado de apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 3.

Inscrición: A inscrición no curso debe realizarse na Oficina de Emprego de Melide; as persoas inscritas nas Oficinas de Emprego doutras localidades poden solicitar a tramitación da matrícula no curso a través da súa Oficina de Emprego. Os/As candidatos/as recibirán notificación por correo postal certificado sobre a data e lugar no que terá lugar a proba de acceso ao curso.

Lugar de impartición: Melide.

 Pode consultar a ficha do Servizo Público de Emprego Estatal sobre o curso en PDF.

Para solicitar máis informacion pode chamar ao 981 58 47 83 ou ben completar o formulario  en “Inscribirse” e porémonos en contacto con vostede antes do inicio do proceso de seleción de alumnado.