Abre a inscrición ao obradoiro “Apoderamento de Mulleres Socias de Cooperativas”, en xullo

Agaca
Por Agaca Xuño 20, 2019 14:02

Información del curso

  • Imparte: AGACA e Rede Eusumo
  • Enderezo: Santiago de Compostela
  • Comezo: 07/04/2019
  • Fin: 18/07/2019
  • Número de horas: 16
  • Modalidade: presencial
  • Descarga:
Inscribirse

NOS-AS-MULLERES-LOGO-RGB
O obradoiro gratuíto “Apoderamento de mulleres socias de cooperativas”, que comeza o 4 de xullo en Santiago de Compostela, responde a dúas vertentes principais: dunha banda, ten por obxectivos impulsar a autoestima e o apoderamento das mulleres socias de cooperativas, así como loitar contra a violencia de xénero. Doutra banda, máis vencellada ao plano profesional, busca impulsar proxectos, sexan de carácter empresarial, profesional ou agroalimentario, tanto no ámbito social como asistencial, ademais de proxectos relacionados co apoderamento e a presenza de mulleres nos órganos directivos das cooperativas.

O 4 de xullo terá lugar a sesión de constitución de Nós, As Mulleres, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de Galicia, que agrupará a mulleres vinculadas ás cooperativas socias de AGACA. A entidade busca ser a punta de lanza para o desenvolvemento efectivo e integral da muller e das súas capacidades de participación así como dar visibilidade á muller profesional en todos os ámbitos.

O obradoiro busca promover a fórmula cooperativa como base da mellora e formar a mulleres cooperativistas en actividades produtivas mediante exemplos de éxito, por iso na xornada do 11 de xullo se visitarán dúas entidades: Lutega, cooperativa produtora de lúpulo, e Orballo, que produce té.

A última sesión, o 18 de xullo en Compostela, dedícase a relatorios sobre emprendemento, igualdade e asociacionismo, e contará con intervencións de Covadonga Toca, secretaria xeral de Emprego, e Susana López, secretaria xeral de Igualdade (ambas da Xunta de Galicia), de Carmen Martínez, responsable de Igualdade de Cooperativas Agro-alimentarias de España, e Ruth Rodríguez, axente de igualdade de xénero en Agaca.

Esta actividade enmárcase na programación da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social, que conta con financiamento do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Para realizar a inscrición previa, de carácter gratuíto, pode chamar ao 981 58 47 83, enviar un e-mail a agaca@agaca.coop ou completar o formulario premendo o botón “Inscribirse”, á esquerda. O programa completo atópase en “Documentación”.

Datas, lugares e horarios:

-4 de xullo, de 11:00 a 15:00 horas: Hotel Puerta del Camino, c/Miguel Ferro Caaveiro s/n – Santiago de Compostela

-11 xullo, de 10:00 a 18:00 h. Visitas a Lutega – Betanzos- e Orballo – Paderne. Punto de chegada e saída: pendiente de concretar.

– 18 xullo, de 11:00 a 15:00 h. en  De 16:00 a 19:00 h, Hotel Puerta del Camino

2018_logos_eusumo