— Subvencións proxectos enerxías renovables térmicas. Ata 27/05/2019

Agaca
Por Agaca Maio 6, 2019 15:08

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e a Resolución completa na ligazón “Web”

— RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxías renovables térmicas, para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Axencia Instituto Enerxético de Galicia. DOG Nº 80, 26/04/2019

OBXECTO E NORMATIVA DE APLICACIÓN

1. O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso racional das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica.

BENEFICIARIOS

1. Poderán acceder á condición de beneficiarios das presentes subvencións:

a) As entidades locais de Galicia e entidades dela dependentes.
b) As entidades sen ánimo de lucro.
c) Empresas legalmente constituídas e autónomos.

2. As empresas deberán cumprir co criterio de autonomía e demais requisitos que se
establecen no anexo I do Regulamento xeral de exención por categorías.

3. Os requisitos para obter a condición de beneficiarios deberanse cumprir, como moi tarde, na data límite de remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

PROXECTOS SUBVENCIONALBES

Proxectos de instalacións para a xeración de enerxía térmica mediante equipamentos que utilicen biomasa como combustible e outras instalacións de enerxías renovables que utilicen como fonte enerxética a xeotermia, a aerotermia e a solar térmica:

1. BOMBAS DE CALOR
2. SOLAR TÉRMICA (paneis solares)

INVESTIMENTOS SUBVENCIONALBES

1. O equipamento principal de xeración enerxética (paneis solares, bomba de calor, caldeira….). No caso da biomasa, o custo do equipamento térmico e os seus accesorios principais (sistema de regulación e control, sistemas de limpeza, depuración de fumes, extracción de cinzas).

2. O resto de accesorios da instalación para o correcto funcionamento do sistema.

3. O custo do sistema de almacenamento do combustible.

4. O custo do sistema de alimentación do combustible.

5. O custo de montaxe e conexión.

6. No caso da enerxía xeotérmica, o sistema de captación do recurso xeotérmico: sondaxes, intercambiadores, acumuladores, tubaxes etc.

7. No caso de redes de distribución de calor con biomasa, o custo da rede de distribución de enerxía térmica (ata a sala de caldeira existente se se conecta a ela ou, no caso contrario, ao punto de entrada ao edificio) e, de ser o caso, o custo dos sistemas para a conexión coas salas de caldeiras existentes. A obra civil necesaria da sala de caldeiras.

CONTÍA DA AXUDA

• Empresas, asociaciones sin ánimo de lucro con actividad económica: 70% pequeñas empresas; 60 % medianas empresas.
• Entidades locales: 80%
• Entidades sin ánimo de lucro. (que no realicen actividad económica): 80%

Límites de ayuda máxima:
• Proyectos de biomasa: 250.000 €
• Proyectos de aerotermia y geotermia: 100.000 €
• Proyectos de soltar térmica: 15.000 e
La ayuda máxima por beneficiario será de 300.000 €

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 27 de maio de 2019.