— Subvencións auditoría, implantación aforro e eficiencia enerxética. Ata 9 febreiro.

Agaca
Por Agaca Xaneiro 15, 2019 15:12

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazión “Web”

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industria e servizos para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. INEGA. DOG Nº 6, (09/01/2019)

OBXECTO E ORDE DE APLICACIÓN

1. Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial, servizos e agrícola primario, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarios das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases:

a) As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou na industria.

b) b) As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

GASTOS QUE SE SUBVENCIONAN

Nos seguintes puntos desenvólvense os distintos conceptos subvencionables.

1. Auditorías enerxéticas.

Será subvencionable a realización de auditorías enerxéticas que analicen de xeito integral o proceso produtivo do centro de traballo da empresa e que propoñan medidas de redución do consumo enerxético. Será requisito indispensable un compromiso formal do representante da empresa de execución de todas as actuacións de aforro detectadas na auditoría que presenten o suficiente grao de madureza tecnolóxica e un período de retorno do investimento inferior a dous anos.

Serán elixibles todos os custos externos derivados da realización da auditoría. Os estudos resultantes deberán ter o contido mínimo indicado no documento Contido mínimo de auditoría enerxética, dispoñible na páxina web do Inega (http://ww.inega.gal).

Establécense os seguintes valores de subvención máxima en función do consumo de enerxía final actual do centro de traballo que se vaia auditar:

20190115_Ax_auditoria-aforro-eficiencia-enerxia-auditoria
2. Implantación de sistemas de xestión certificados.

Será subvencionable a implantación de sistemas de xestión enerxética certificados conforme a Norma ISO 50.001 por unha entidade acreditada durante o período de xustificación.

Será elixible o custo das empresas consultoras especializadas, o da auditoría enerxética previa, os gastos de certificación e o custo de equipos de medida de consumo enerxético asociados á implantación do sistema de xestión.

Establécense os seguintes valores de subvención máxima en función do consumo de enerxía final actual do centro de traballo:
20190115_Ax_auditoria-aforro-xestion-enerxia
Non será subvencionable a implantación de sistemas de xestión certificados en centros de traballo con consumo enerxético anual inferior a 25 tep.

3. Proxectos de aforro e eficiencia enerxética.

a) Serán elixibles os custos de investimento adicionais necesarios para lograr un nivel máis elevado de eficiencia enerxética. Determinarase do seguinte xeito:

  1. Cando os custos do investimento en eficiencia enerxética poidan identificarse nos custos totais do investimento como investimento separado, estes custos relacionados coa eficiencia enerxética serán subvencionables.
  2. En todos os demais casos, os custos do investimento en eficiencia enerxética determinaranse

por referencia a un investimento similar que implique menor eficiencia enerxética, que se podería realizar de xeito crible sen a axuda. A diferenza entre o custo de ambos os investimentos determinará o custo relacionado coa eficiencia enerxética e será o custo subvencionable.

Os custos dos proxectos que non estean directamente vinculados á consecución dun nivel máis elevado de eficiencia enerxética non serán subvencionados. Non serán subvencionables aqueles proxectos con ratios de aforro enerxético anual de enerxía final inferiores a 0,5 kWh por euro de investimento elixible por considerarse que a finalidade do investimento non é a consecución dunha maior eficiencia enerxética.

b) Poden ser obxecto de subvención as actuacións que se recollen a continuación:

    1. Os investimentos en substitución ou mellora de equipamentos e instalacións consumidores de enerxía do proceso produtivo do sector industrial, así como dos sistemas auxiliares necesarios para o seu funcionamento, por equipamentos e instalacións que utilicen tecnoloxía de alta eficiencia ou a mellor tecnoloxía dispoñible. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 5 % respecto do consumo inicial.
    2. A renovación ou mellora de equipamentos de instalacións existentes de produción de calor e frío destinadas a atender a demanda de benestar e hixiene das persoas por outras de alta eficiencia enerxética, seleccionados con base nun maior rendemento enerxético. O aforro enerxético mínimo requirido para ser subvencionable deberá ser dun 20 % respecto do consumo inicial.
    3. A mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación existentes que leven asociada unha redución anual de, polo menos, un 40 % respecto ao consumo inicial en iluminación, garantindo un confort lumínico adecuado á tarefa que se vai realizar.
    4. Novas instalacións de coxeración e de xeración e consumo de biogás que contribúan a aumentar a eficiencia enerxética da empresa. Considérase que a instalación contribúe a aumentar a eficiencia enerxética da empresa cando a enerxía xerada se consume na súa práctica totalidade no centro de traballo asociado. O aforro enerxético acadado debe ser superior ao 20 % respecto do consumo inicial do proceso.
    5. Calquera outra actuación, non prevista nos puntos anteriores, que implique un aforro enerxético mínimo dun 20 % respecto do consumo inicial.

20190115_Ax_auditoria-aforro-eficiencia-aforro-enerxia

CONTÍA DA AXUDA

1. A contía da subvención será do 35 % do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 20 % no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

1. A contía da subvención será do 35% do custo elixible da actuación. A intensidade da axuda incrementarase un 15% no caso de axudas concedidas a pequenas empresas e un 10 % no caso de medianas empresas.

2. Con carácter xeral, establécese unha axuda máxima por proxecto de 100.000 euros. Poderase aumentar a axuda máxima por proxecto ata 1.000.000 de euros naquelas actuacións que en fase de solicitude xustifiquen a consecución de elevados niveis de aforro enerxético. Na seguinte táboa establécese o valor máximo de axuda en función do aforro enerxético anual xustificado.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 9 de febreiro de 2019.