— Subvención proxectos de investimento en actividades non agrícolas (ata 7 maio)

Agaca
Por Agaca Abril 22, 2016 10:37

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

— RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións a proxectos de investimento en actividades non agrícolas, cofinanciadas co Feader no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a convocatoria para o ano 2016. AGADER. DOG Nº 66, (07/04/2016)

OBJETO Y FINALIDAD

Establecer bases reguladoras para concesión de axudas xestionadas por Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), no marco da medida 6,4 do PDR de Galicia 2014/2020 para actividades económicas viables non agrícolas..

As axudas consisten en subvencións directas de capital.

Procedemento de concesión: concorrencia competitiva.

BENEFICIARIOS

– As pequenas empresas.
– Persoas físicas que residan nunha zona rural.
– Titulares ou membros dunha unidade familiar dunha explotación agraria que diversifiquen a súa explotación.

INTENSIDADE DA AXUDA

A axuda será do 45% dos gastos subvencionables. Non excederá 200.000 €.

PRAZO DE SOLICITUDE DA AXUDA

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 8 de marzo 2016 e finalizará o 7 de maio 2016, ambos incluidos.

Para ver máis información, pode consultar o arquivo PDF adxunto en “Documentación”