— Resolución submedida 19.2 – LEADER: desenvolvemento local – Ata 31/01/2020

Agaca
Por Agaca Xaneiro 13, 2020 15:18

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Resolución en “Documentación” (formato PDF) e a Resolución completa na ligazón “Web”

— RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019 pola que se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, subvencións para a execución de proxectos ao abeiro da submedida 19.2 (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local participativo) da medida Leader do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, para as anualidades 2020 e 2021, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural. AGADER, DOG Nº 247, (30/12/2019)

CONVOCATORIA

  1. Esta  resolución  ten  como  obxecto  convocar,  mediante  tramitación anticipada  de  gasto,  en relación coa medida 19 (Leader) do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), con cargo ás anualidades 2020 e 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as subvencións que corresponden coa submedida 19.2 do PDR (apoio para a realización de operacións conforme a estratexia de desenvolvemento local).
  2. Esta convocatoria está sometida ás bases reguladoras das axudas que se tramiten ao abeiro da medida Leader (submedidas 19.2 e 19.4), cofinanciadas con Feader no marco do PDR de Galicia 2014-2020,  que  aprobou  o  Consello  de  Dirección  da  Agader,  mediante  o  Acordo  do  13  de decembro de 2019, e se publican mediante a Resolución do director xeral da Agader do 13 de decembro de 2019 (DOG núm. 246, do 27 de decembro).

SOLICITUDES DE AYUDA

  1. As solicitudes de axuda dirixiranse, tendo en conta a localización do investimento, ao GDR que corresponda e presentaranse no formulario e coa documentación previstos no artigo 9 das bases reguladoras a que está sometida esta convocatoria.
  1. Segundo o  establecido  no  artigo  8  das  bases  reguladoras,  o  prazo  de  presentación  de solicitudes estará aberto durante todo o período de execución da medida Leader, coa data límite que determine cada GDR en función da dispoñibilidade de fondos.
  1. Segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, concorrerán as solicitudes presentadas ata o 31 de xaneiro de 2020.

INFORMACIÓN

Sobre   este    procedemento    administrativo    poderase   obter    documentación    normalizada    ou información adicional a través dos seguintes medios:

a) Na páxina web da Agader http://agader.xunta.gal

b)Na    Guía    de    procedementos    e    servizos,    no    enderezo    https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

c) No teléfono 981 54 73 62 (Agader)

d) De xeito presencial, en Agader (lugar da Barcia, 56. Laraño. 15897 Santiago de Compostela), con cita previa no teléfono 981 54 73 62.

e) Páxina web e sede dos GDR de Galicia: A relación dos GDR está publicada na antedita páxina web da Agader.