— Programa contratación de persoas desempregadas. Ata 30/09/2020

Agaca
Por Agaca Xaneiro 14, 2020 13:24

Información de la ayuda

Activa

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde  en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDE do 21 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por persoa allena das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2020. Consellería de Economía, Emprego e Industria.

OBXECTO E FINALIDADE

1. Coa finalidade de favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, e proceder á convocatoria dos incentivos á súa contratación por conta allea para o ano 2020.

2. Por medio desta orde as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación indefinida inicial, para a contratación temporal cunha duración inicial de 12 meses e para a formación (código procedemento TR349R).

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:

a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial e a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses das persoas desempregadas de longa duración
b) Bono de formación (opcional) dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

ENTIDADES BENEFICIARIAS

1. Poderán ser entidades beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten mulleres desempregadas por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

BONO DE CONTRATACIÓN PARA INCENTIVAR A CONTRATACIÓN INDEFINIDA INICIAL Y LA TEMPORAL INICIAL CON UNA DURACIÓN MÍNIMA DE DOCE MESES DE PERSONAS DESEMPLEADAS PARADAS DE LARGA DURACIÓN

ÁMBITO TEMPORAL DE APLICACIÓN Y CONTRATACIONES SUBVENCIONABLES

Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais e as temporais cunha duración mínima inicial de doce meses realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2019 ata o 30 de setembro de 2020, ambos inclusive.

Tanto a contratación indefinida inicial como a temporal cunha duración mínima inicial de doce meses, para poder ser subvencionada, deberá ser a tempo completo, incluída a modalidade de fixo-descontinuo.

REQUISISTOS

1. A persoa traballadora pola cal se solicita a subvención debe ser persoa desempregada parada de longa duración, segundo o establecido no artigo 5 desta orde.

2. Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola cal se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo e neto da empresa, no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

3. Os incentivos previstos neste procedemento serán de aplicación a todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas desempregadas paradas de longa duración, excepto os contratos para a formación e a aprendizaxe.

Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial de 12 meses.

CUANTÍA DE LOS INCENTIVOS

1. As contratacións indefinidas iniciais realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros por cada persoa desempregada parada de longa duración contratada que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

No caso de contratacións na modalidade de fixos-descontinuos, a contía do incentivo será proporcional ao tempo de traballo.

2. As contratacións temporais cunha duración mínima inicial de doce meses realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda de 5.000 euros por cada persoa desempregada parada de longa duración que cumpra os requisitos mencionados no artigo 21.

3. As contías establecidas nos puntos 1 e 2 incrementaranse nun 25 % nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

– Se a persoa desempregada parada de longa duración contratada é maior de 45 anos.
– No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
– Se a persoa traballadora contratada é unha persoa emigrante retornada.
– Se é unha persoa trans.
– Se é unha empresa con mais de 50 persoas traballadoras e cunha taxa de estabilidade igual ou superior ao 70 %.
– Se a actividade da entidade solicitante pertence ao ámbito de sectores estratéxicos.

Aplicarase a subvención polos incrementos indicados pola persoa ou entidade solicitante. En caso de non exercer a opción, entenderase solicitada pola contía superior que quede acreditada coa documentación achegada coa solicitude.

BONO DE FORMACIÓN PARA LA FINANCIACIÓN DE ACCIONES FORMATIVAS RELACIONADAS CON EL PUESTO DE TRABAJO

ACCIONES SUBVENCIONABLES Y REQUISITOS

1. As empresas que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas traballadoras subvencionadas por medio do programa de bono de contratación indefinida inicial e temporal previsto nesta orde. Para isto teñen que cumprir os seguintes requisitos:

a) A persoa traballadora que recibe a formación e titorización ten que ser a mesma que participa no programa de bonos de contratación e, polo tanto, cumprir os mesmos requisitos que se establecen para participar no capítulo II.
b) En canto á duración da acción formativa, será dun mínimo de 70 horas no caso dos contratos indefinidos iniciais e dunha duración mínima de 50 horas no caso dos contratos temporais, de formación teórica en contidos relacionados co posto de traballo as que asista integramente a persoa traballadora que participa neste programa.
Exclúese deste tipo de axuda a formación nas modalidades de teleformación e a distancia.
c) A acción formativa terá lugar dentro dos tres primeiros meses desde o inicio do contrato e deberá estar finalizada o 30 de novembro de 2020.
d) Para as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data de publicación desta orde, a acción formativa levarase a cabo no prazo de tres meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

2. Queda excluída deste bono de formación aquela que supoña o cumprimento de obrigas legais empresariais en materia preventiva a que fai referencia o artigo 19 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais.

LUGAR DE IMPARTICIÓN DE LAS ACCIONES FORMATIVAS

As entidades beneficiarias desenvolverán as accións formativas a través de medios propios ou por medio da súa contratación e poderá realizalas tanto nas súas instalacións como nas da entidade encargada da súa formación.

CUANTÍA DE LOS INCENTIVOS Y CONDICIONES DE LA PERCEPCIÓN

Esta formación incentivarase no caso dos contratos indefinidos iniciais cunha axuda de 4.000 euros por cada persoa traballadora dada de alta nun contrato indefinido e de 2.000 euros por cada persoa contratada por medio dun contrato temporal inicial cunha duración mínima de doce meses e que en ambos os dous casos cumpran os requisitos establecidos na presente orde.

SOLICITUDES Y PLAZOS

1.O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

2. As solicitudes de axudas polas contratacións por conta allea subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2019 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

3. O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2020, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado nos parágrafos anteriores.