— Contratación persoal técnico de I+D+i (ata 15 de xullo)

Agaca
Por Agaca Xullo 5, 2016 12:42

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

— RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fomento da contratación de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i nas empresas e organismos de investigación en Galicia (Programa Principia), e se procede á súa convocatoria para o ano 2016. Axencia Galega de Innovación. DOG Nº 113 (15/06/2016)

 

CONVOCATORIA E BASES REGULADORAS

  1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas do Programa Principia da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás empresas e organismos de investigación en Galicia, destinadas ao fomento da contratación durante un período mínimo dun año de persoal técnico para a realización de actividades de I+D+i aliñadas coas prioridades establecidas na RIS3 para Galicia, co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.

PERSOAS BENEFICIARIAS

  1. Poderán ser beneficiarios destas axudas:

a) As empresas con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia.

b) Os organismos de investigación públicos ou privados galegos ou con centro de traballo en Galicia, tendo en conta que quedan obrigados a destinar a axuda recibida a usos relacionados con actividades non económicas e relativas a actuacións de I+D+i.

ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES

  1. Serán actividades subvencionables a contratación de persoas técnicas durante un período mínimo dun ano para a realización de actividades de I+D+i, coas seguientes características:

a) As actividades de I+D+i que realizarán as persoas contratadas deberán desenvolverse en centros de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e estarán aliñadas cos retos e coas prioridades estratéxicas establecidas na RIS3 para Galicia (anexo III).

b) O custo mínimo anual por cada persoa traballadora contratada, incluídos custos salarais e a Seguridade Social a cargo da empresa, será de y la Seguridad Social a cargo de la empresa, será de 24.000 euros. Para os efectos destas axudas, non se considerarán custos salariais o importe da indemnización prevista.

c) O persoal contratado deberá cumprir as seguintes condicións:

— Ser menor de 35 anos no momento da contratación.

— Estar en posesión dun título medio ou superior (titulación de grado): licenciado, enxeñeiro, arquitecto, graduado, diplomado, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

Non ter experiencia laboral superior a 12 meses na categoría profesional correspondente á súa titulación. Para o cómputo desta experiencia non se computarán as prácticas que formen parte dos currículos para a obtención das titulacións correspondentes, as prácticas non laborais e as bolsas.

— Non ter sido contratado, baixo calquera modalidade, ao longo do ano 2016 pola entidade solicitante.

CONTÍA DO INCENTIVO E CONCORRENCIA

  1. A contía do incentivo que percibirán as entidades beneficiarias será de 10.000 euros por cada persoa contratada, ata un máximo de 10 contratos por entidade beneficiaria.
  2. O incentivo en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, estatais, da Unión Europea ou internacionais, supere o custo da actividade subvencionable ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.
  3. O incentivo será compatible, se é o caso, coas bonificacións ou reducións de cotizacións á Seguridade Social.

PRAZO DE SOLICITUDE

O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 15 de xullo de 2016.

Para ver máis información, pode consultar o arquivo PDF adxunto en “Documentación”