— Ayudas emprendemento: APROL – Economía Social. Ata 1/10/2019

Agaca
Por Agaca Xaneiro 31, 2019 11:51

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orden completa na ligazón “Web”

— ORDEN do 27 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-Economía Social) e se convocan para o ano 2019. Consellería de Economía, Emprego e Industria. DOG nº 20 (29/01/2019)

OBXECTO E FINALIDADE

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións establecidas pola Consellería de Economía, Emprego e Industria coa finalidade de fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras temporais a cooperativas e sociedades laborais e apoiar o desenvolvemento de proxectos de emprendemento colectivo en empresas de economía social.

2. Establécense os seguintes programas de axudas:

a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G).
b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J).

SUBVENCIÓNS BAIXO CONDICIÓNS DE MINIMIS

Os incentivos establecidos nesta orde quedan sometidos ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos establecidos nos seguintes regulamentos, segundo proceda.

 

Programa I: fomento del empleo en cooperativas y sociedades laborales

FINALIDADE

Este programa ten por obxecto establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou en proba.

ENTIDADES BENEFICIARIAS E CONDICIÓNS PARA A OBTENCIÓN DO INCENTIVO

1. Poderán acollerse aos incentivos previstos neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, as seguintes persoas:

a) Persoas que no momento da incorporación sexan desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Persoas que no momento da súa incorporación estean vinculadas á cooperativa ou sociedade laboral por un contrato de traballo temporal.
c) Persoas que no momento da súa incorporación sexan socias a proba da cooperativa a que se incorporan, sempre e cando estiveren desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de incorporarse como tales persoas socias a proba.

CONTÍA DOS INCENTIVOS

1. Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención ascenderá a 6.000 € con carácter xeral.
Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa incorporada ten máis de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
e) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans
f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo ao que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
g) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

2. Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo en proba, a subvención ascenderá a 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
3. Cando a dedicación sexa a tempo parcial, nos termos previstos no artigo 23.3, a contía dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.
4. A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade beneficiaria por subvencións con cargo a este programa será de 67.500 euros.
No caso de que a suma das contías que resulten en aplicación dos parágrafos anteriores sexa superior á subvención máxima que é posible outorgar, atribuirase a cada incorporación a contía que proporcionalmente lle corresponda.

 

Programa II: fomento del acceso a la condición de persona socia

FINALIDADE

Este programa de subvencións está dirixido ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilitase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.

PERSOAS BENEFICIARIAS E CONDICIÓS PARA OBTER A SUBVENCIÓN

1. Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia e que, no momento da súa incorporación, cumpran algunha das condicións seguintes:

a) Seren persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Seren persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
c) Seren persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
d) Seren persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
e) Seren persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.

2. Tamén poderán ser beneficiarias as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia. NOTA: É O CASO DOS SOCIOS QUE SE INCORPORAN A UNHA COOPERATIVA AGRARIA

CONTÍA DAS SUBVENCIÓNS

1. As subvencións previstas neste programa poderán ascender ás contías seguintes:

a) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, letras a), b) c) e d), e no artigo 28.2, ata 6.000,00 €.
b) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 28.1, letra e), ata 3.000,00 €.

2. As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

a) Un 25 % se a persoa beneficiaria é unha muller.
b) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten mais de 45 anos.
d) Un 25 % se a persoa beneficiaria ten a condición de emigrante retornada.
e) Un 25 % se a persoa ten a condición de trans.
f) Un 25 % no caso de que o centro de traballo ao que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
g) Un 25 % se se trata dunha cooperativa xuvenil.

3. Cando a dedicación da persoa incorporada sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo nos termos previstos no artigo 28.4, a contía máxima dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50 %.

PERÍODO DE EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS

O período de execución de accións abranguerá desde o 2 de outubro de 2018 ata o 15 de novembro de 2019.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

1. O prazo de presentación de solicitudes finalizará o 1 de outubro de 2019, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

2. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de solicitudes se esgotase o crédito establecido na convocatoria, o órgano concedente acordará a inadmisión de solicitudes e publicará tal circunstancia no DOG e na páxina web da consellería.