— Axudas uso maquinaria agrícola réxime asociativo. Ata 13/06/2019

Agaca
Por Agaca Maio 14, 2019 11:00

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orden en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

—ORDE do 30 de abril de 2019 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2019. Consellería do Medio Rural. DOG Nº 90, 13/05/2019

OBXECTO.

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas en réxime de concorrencia competitiva para o fomento da utilización de maquinaria en réxime asociativo en Galicia cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Esta axuda ten como finalidade:
a) Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
b) Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipa-mentos.
c) Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.

BENEFICIARIOS

Poderán ser beneficiarios das axudas reguladas nesta orde:
a) As cooperativas agrarias.
b) As cooperativas de explotación comunitaria da terra de 5 ou menos anos de antigüidade.
c) As sociedades agrarias de transformación procedentes da fusión de polo menos dúas explotacións, nos últimos 5 anos naturais. En diante SAT de fusión.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

1.- Os investimentos subvencionables son os seguintes:

a) Maquinaria agrícola.
b) Estudos técnico-económicos de viabilidade.

2.- Non se subvencionarán:

a) A mera reposición ou adquisición de maquinaria de segunda man ou usada.
b) Non se considerarán subvencionables o IVE e outros impostos.
c) Os investimentos en maquinaria ou equipamentos relacionados coa transformación e comercialización de produtos agrarios ou forestais, nin máquinas de pequena significación para os efectos do conxunto dos socios da agrupación.
d) A maquinaria e os equipamentos de carácter forestal.
e) Colleitadoras de forraxes cun uso previsto menor de 500 horas anuais.
f) A maquinaria de aplicación de xurro mediante sistemas de prato, abano ou canóns.

3.- En aplicación da moderación de custos, fíxase en 1.000 € o custo elixible para os estudos técnicos-económicos de viabilidade.

4.- Establécese un investimento elixible mínimo de 20.000 € para poder ser subvencionable. O volume total do investimento elixible máximo subvencionable para cada beneficiario será de 250.000 €. No caso de cooperativa procedente de fusión, en que o número total de socios da entidade fusionada sexa superior a 1.000, o límite máximo de investimento será de 600.000 €.

COMEZO DA SUBVENCIONABILIDADE

Serán subvencionables os gastos efectuados con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.

CONTIA ECONÓMICA DAS AXUDAS

O importe da axuda será do 35 % dos custos elixibles, que poderá incrementarse ata un máximo do 50 % en función da aplicación dos seguintes criterios:
1.–  5 % no caso de investimentos en zonas con limitacións naturais ou outras limitacións
específicas recollidas no artigo 32 do Regulamento (UE) 1305/2013.
2.-  10% no caso de investimentos colectivos, cando o beneficiario procede dunha fusión.

CRITERIOS DE SELECCIÓN DE OPERACIÓNS
1. Ordenaranse as solicitudes presentadas de acordo cos criterios de prioridade indicados neste artigo e aprobaranse os proxectos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible.

2. Establécense os seguintes criterios de prioridade

a) Atendendo á tipoloxía da entidade solicitante:

i. Cooperativa agraria con sección/servizo de maquinaria: 5 puntos.
ii. CUMA: 4 puntos.
iii. SAT que teña por obxecto social prioritario a utilización de maquinaria agrícola en común, SAT procedente de fusión ou cooperativas de explotación comunitaria da terra: 3 puntos.

b) Atendendo ao valor contable do parque de maquinaria no momento da solicitude de
axuda:

i. Parque de maquinaria con valor contable igual ou superior a dous millóns de euros: 3 puntos.
ii. Parque de maquinaria con valor contable igual ou superior a un millón de euros e inferior a dous millóns: 2 puntos.
iii. Parque de maquinaria con valor contable superior a medio millón de euros e inferior a un millón: 1 punto.
iv. Parque de maquinaria con valor contable inferior a medio millón de euros: 0 puntos.

c) Atendendo á facturación media aos socios do parque de maquinaria nos tres anos anteriores ao ano de solicitude da axuda:

i. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a un millón de euros: 3 puntos.
ii. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a medio millón de euros e inferior a un millón: 2 puntos.
iii. Facturación media do parque de maquinaria igual ou superior a cen mil euros e inferior a medio millón: 1 punto.

d) Atendendo á porcentaxe de mulleres que integren o consello reitor da entidade solicitante:

i. > 50 %: 2 puntos.
ii. Do 30 % ao 50 %: 1 punto.

e) Investimentos en proxectos innovadores: 1 punto.

f) Investimentos en proxectos de cooperación: 1 punto.

3. En caso de igualdade na aplicación do baremo, terán prioridade as entidades solicitantes con investimentos en proxectos innovadores, seguido polos investimentos en proxectos de cooperación. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección.

4. As solicitudes cunha puntuación inferior a 5 puntos non serán subvencionables por non alcanzar os criterios de priorización mínimos.

XUSTIFICACIÓN E PAGAMENTO

1. O prazo de xustificación destas axudas remata o 31 de outubro de 2019, inclusive.

PRAZO DE SOLICITUDES

O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 13 de xuño de 2019