— Axudas reestruturación e reconversión viña. Ata 8 marzo.

Agaca
Por Agaca Febreiro 11, 2019 15:26

Información de la ayuda

Derogada / Fóra de prazo

 

RESUMO ELABORADO PORAgaca

Pode consultar/descargar este resumo da Orde en “Documentación” (formato PDF) e a Orde completa na ligazón “Web”

— ORDE do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia e se convocan para o ano 2019. Consellería do Medio rural. DOG Nº 8, (8/02/2019)

OBXECTO

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia (procedemento MR446A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2019, en réxime de concorrencia competitiva, conforme os requisitos e condicións establecidos para esta medida nas disposicións xerais do ámbito comunitario, estatal e autonómico e, en particular, no Real decreto 1363/2018, do 2 de novembro, para a aplicación das medidas do programa de apoio 2019-2023 ao sector vitivinícola español.

2. O apoio para esta medida aplicarase ás viñas da Comunidade Autónoma de Galicia destinadas á produción de uva para vinificación, cuxas persoas viticultoras non contradigan a normativa vixente en materia de plantacións de vide para calquera das superficies de viña da súa explotación.

PERSONS BENEFICIARIAS

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas viticultoras inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia (RVG) cuxas viñas se destinen á produción de uva para vinificación. Así mesmo, no

2. Non poderán ser beneficiarias:

a) Aquelas persoas viticultoras que contraveñan a normativa vixente en materia de plantacións de viña, para calquera das superficies de viña da súa explotación.
b) Aquelas persoas viticultoras que solicitasen axuda, no marco do PASVE 2019-2023,

REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

Os requisitos que deberán cumprir as persoas beneficiarias son:

1. Só poderán figurar nun único plan, agás que a reestruturación e/ou reconversión se leve a cabo en distintas provincias.

2. Deberán ter presentada a declaración de colleita de uva da campaña anterior, agás que non tivesen a obriga de presentala.

3. Ter inscritas ao seu nome no RVG as parcelas de viña e/ou as resolucións de arrinca, autorizacións de replantación, dereitos de replantación e/ou autorizacións de plantación por conversión de dereitos que se van incluír nos plans ou, na súa falta, antes do remate do prazo de solicitude destas axudas, presentar as correspondentes solicitudes para a concesión de autorización de plantación por conversión e/ou de replantación, e sempre antes da caducidade das ditas autorizacións que se vaian incluír nestes plans.

PLANS DE REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA

1. O réxime de axudas á reestruturación e á reconversión de viñas levarase a cabo a través de plans de reestruturación e reconversión, nos cales figurarán as operacións solicitadas.

2. Os plans poderán conter operacións anuais ou bianuais, con ou sen anticipo.

3. Os plans de reestruturación e reconversión poderán ser de dous tipos:

a) Colectivos, constituídos por un mínimo de 5 persoas viticultoras.
b) Individuais.

4. Os plans colectivos executaranse no marco dun acordo subscrito entre todas as persoas viticultoras participantes. Este acordo incluirá a designación dun representante do plan. Así mesmo, no dito acordo recollerase o compromiso das persoas viticultoras de dispoñer dun técnico agrario (con titulación de enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao en enxeñería agrícola e do medio rural). O representante do plan poderá exercer como técnico sempre que reúna a titulación exixida.

CONDICIÓNS DOS PLANS DE REESTRUTURACIÓN E RECONVERSIÓN DA VIÑA

Para poder acceder a estas axudas, cumpriranse as seguintes condicións:

1. A superficie total reestruturada e/ou reconvertida no marco dun plan será de, polo menos dunha hectárea (1 ha) para os plans colectivos e 0,2 ha para os plans individuais.

2. O ámbito territorial dos plans non será superior ao dunha provincia, agás que se faga en terreos dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica protexidas (DOP/IXP) e que a súa zona de produción comprenda máis dunha provincia.

3. A parcela de viña, unha vez reestruturada ou reconvertida, será polo menos de 100 m². Malia o anterior, nos casos en que a medida se limite a accións de reenxerta e/ou cambio de sistema de condución, a superficie mínima será aquela con que a parcela figura no Rexistro Vitícola de Galicia.

4. A superficie máxima elixible será de 10 hectáreas por persoa viticultora.

INVESTIMENTOS SUBVENCIONABLES

1. O apoio á reestruturación e reconversión de viñedos só poderá concederse para unha ou varias das actividades seguintes:

a) A reimplantación de viñas.
b) A reconversión varietal.
c) A mellora das técnicas de xestión de viñas.

As accións de reestruturación e reconversión elixibles, as súas características e os seus baremos estándar de custos unitarios recóllense no anexo VI desta orde.

COMENZO DA SUBVENCIONALIDADE

Serán subvencionables as accións realizadas con posterioridade á presentación da solicitude da axuda en tempo e forma tras a correspondente convocatoria pública, tendo en conta que a simple presentación da solicitude en ningún modo garante a súa aprobación.

CONTÍA ECONÓMICA DAS AXUDAS

As axudas poderán ser de:
a) Compensación por perda de ingresos: o importe da compensación por perda de renda que se aplicará a todas as solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nesta orde, é de 1.912,50 €/ha e campaña. Concederase durante dúas campañas. Non terán dereito á compensación por perda de ingresos aquelas superficies reestruturadas coa achega dunha autorización de plantación non xerada na aplicación do plan de reestruturación, nin cando procedan dunha arrinca efectuada con anterioridade á solicitude da axuda do plan.

Cando a operación que se leve a cabo sobre unha parcela de viña sexa a sobreenxerta ou o cambio de sistema de condución, concederase a compensación por perda de ingresos para esa superficie por unha soa campaña.

b) Custos de reestruturación e reconversión da viña: o 50 % do importe establecido como baremo estándar de custos unitarios indicados no anexo VI.

PRAZO DE EXECUCIÓN E XUSTIFICACIÓN

1. O prazo de execución e xustificación destas axudas será:

a) Para os plans con operacións anuais, o prazo límite de execución e xustificación remata o 31 de maio de 2020, inclusive.
b) Para os plans con operacións bianuais, o prazo de execución remata o 31 de maio de 2021, inclusive. Establécese o período entre o 16 de outubro de 2020 e o 31 de maio de 2021 como prazo para solicitar o pagamento das operacións bianuais.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de marzo de 2019